Gaiteiros na Torre de Hercules

A Marcelino a afección pola música vénlle de lonxe. Con oito anos coidaba as vacas dos seus veciños na Laracha, o seu pobo natal. Para entreterse, convertía en frautas as canas de centeo que arrincaba ao seu paso e facíalles buracos cunha navalla. Marcelino ten idea de solfexo. Aprendeuno co Ballet Galego, onde estivo cinco anos. Ata o 67. «Formaba parte da orquestra coa gaita. Estivemos tres meses en Nova York. Aquel foi un bo momento. Estaba solteiro», sorrí tímido.

«Tocar a gaita fainos felices porque somos galegos e sentímonos máis galegos coa gaita», engade Marcelino. «Pero só queremos a da nosa terra. Non a irlandesa nin a doutros lugares», matiza Antonio.

Ás veces, chegan a xuntarse aos pés da torre de Hércules ata dez gaiteiros. Algúns aceptan propinas dos turistas. Pero Antonio e Marcelino non. «Poden sacarse ata 60 euros ao día. A min tamén me deron moedas algunha vez e sempre as devolvo. Non as quero. Non son rico pero tampouco me gusta que me dean nada», di Antonio. Marcelino, ao seu lado, asente coa cabeza.

La Voz de Galicia

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 18 Setembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: