XXIV Xuntanza de Gaiteiros 2012 en Fene

A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” está a organizar unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros, a número XXIV, que se celebrará o sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene).

Este ano é un ano moi especial para nos xa que cumprimos 25 anos. 25 anos de traballos e esforzos, de penas e alegrías, de ilusións e decepcións, de horas e horas en autobús, de durmir como e onde se podía…. pero visto agora cremos que todo valeu a pena.

Sempre aproveitamos a celebración da nosa Xuntanza para homenaxear a algunha persoa, grupo ou entidade que se destacara pola defensa e apoio á nosa música tradicional. É que mellor ocasión que a celebración do noso XXV aniversario para homenaxear a dúas persoas básicas na nosa historia: Miguel e Chus.

Miguel Doval e Chus Niebla son os reponsables, dende hai case que 20 anos, das distintas seccións da nosa entidade. Miguel e Chus foron e son capaces non so de aprender a tocala gaita, cantar ou bailar, senón que foron e son quenes de manter a ilusión, e o compromiso de todos/as os/as que foron ou son compoñentes de Airiños de Fene coa nosa música.

Para esta Xuntanza tan especial para nos quixemos rodearnos de amigos/as, e podemos confirmar a participación na XXIV Xuntanza de Gaiteiros de Susana Seivane, Xabier Díaz, BellónMaceiras Dúo, Cantareiras “Xerfa”, Coral Polifónica “Agarimo” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”.

Gustaríanos contar coa túa presenza o sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene) para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar desta festa na defensa da nosa música, así como na homenaxe a Miguel e Chus

Un saúdo

.

Advertisements

Posted on 29 Setembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: