XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

.

O vindeiro 7 de outubro – Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola  Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formacións de todo o país nas que se atopan:

Charanga Alvariza (Cacheiras – Teo ), CaraPaus (Santiago de Compostela), Faiscas de Solobeira (Cambados), Os Viqueiras (Ordes), Picuiña (Marín ), Os Terribles de Donas (Gondomar ), Os Chichisos (Pontevedra), Millo Verde (Cambre), Gomes Mouro (Ourense), Os Resesos (Ames), Caivanca (Lugo), Xarín (O Incio), Biouteiro (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes)

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas…).

Xa pola tarde ás 19.30 horas terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos

– Grupo de Pandereteiras de Brincadeira – Santiago de Compostela

– Ruote- A Coruña

Publicado por AGG

.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 3 Outubro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: