Monthly Archives: Novembro 2012

XXXVII Noites de Tasca

Valse e Muiñeira do Lar

Freixo Homenaxeado en Vigo

O domingo 25 celebrouse o XXV Homenaxe ao Gaiteiro no Teatro Nova Caixa Galicia de Vigo (antigo García Barbón). O Acto foi organizado pola Asociación Etnográfica A Buxaina de Coruxo. Este ano foron homenaxeadas dúas persoas: A pandereteira Regina Outerelo de Queimadelos e o gaiteiro pontes Manuel Castro “Freixo”. Ademais dos homenaxeados, tamén actuaron dentro do mesmo programa do festival os grupos: Tanxedoras, O Grupo anfitrión (A Buxaina), Zurrumalla e Cé Orquestra pantasma.

Os homenaxeados foron moi ben acollidos polo numeroso público que abarrotaba o aforo do fermoso Teatro vigués. Freixo interpretou 4 pezas acompañado por Aurora ao bombo e Hugo ó tambor, despois foi leida unha breve biografía dos invitados e a continuación foron obsequiados, en un acto moi emotivo, con varios agasallos doados por Asociacións, pola Xunta de Galicia e polo Concello de Vigo, o cal entregou o propio alcalde  Abel Caballero.

III Guateque Ghastas Pista‏ (Narahio)

Sábado 1 de decembro….

¿ Ghatas Pista ?

Ide mercando loción Floïd. Remexede no faiado para desenterrar as vosas mellores galas. Afinade a gorxa para libar

solisombras…. Porque xa está aí a terceira edición do Guateque “Ghastas pista?”. Este ano cun cartel estelar e, de novo, entrada gratuíta:

23:00 – Actuación de Los Zares, o grupo mítico que nos volverá aos anos 60 e 70 repasando os éxitos da época.

01:00 – Picadiscos 80-70-60. Chega nesta ocasión -igual que en Cuéntame- aos anos 80. Por iso recuperaremos as pezas da Movida madrileña e da viguesa. Pero tamén a mellor música internacional daqueles anos, retrocedendo de década en década para facerche pasar unha noite fantástica.

Vente preparado/a para a ocasión. Haberá premios para os mellores atuendos e encheremos a noite con xogos e sorpresas… Ah, e quen se queira recoller cedo que traia o foco para voltar para a casa.

53 Foliada das Pontes

II Repichoca en Ferrolterra

O SEITOR de Seivane

O SEITOR. Primeiras valoracións.

Parece que os gaiteiros cada vez estamos máis perto de ter nas nosas mans un instrumento que, como moitos outros, afinalo non sexa unha tarefa difícil e pouco práctica. O certo é que facía moita falla chegar ata este punto. A manipulación da palleta e a cinta adhesiva eran, ata o momento, o único recurso que tiñamos para afinar o punteiro, que aínda que son métodos moi efectivos, contan cun gran contra; a pouca facilidade de uso e falta de practicidade ante eventuais modificacións da afinación. Para todos aqueles/as que me pedistes información e a miña opinión sobre o novo sistema de afinación deseñado polo Obradoiro Seivane, decidín escribir esta especie de “review” co fin de dar unha primeira valoración do Seitor, aínda que todavía me quedan algunas cuestións por analizar. Pouco a pouco!.

O SEITOR Read the rest of this entry

As Pontes, con ritmo jazzero

A idea de formar unha banda de jazz nas Pontes xurdiu o curso pasado e este ano as clases volveron reiniciarse no conservatorio. O obxectivo, achegar aos músicos ponteses aos ritmos máis jazzeros e promover este xénero musical entre o público da localidade que, lonxe de ser Nova Orleans, o berce do jazz, trata de dar os primeiros pasos nesta nova aventura musical.

A recentemente creada Jazz-Band das Pontes, formada por máis dunha decena de integrantes, creouse a través dunha iniciativa propia do conservatorio, na que participan músicos moi dispares, tanto polos seus coñecementos ou os seus gustos musicais como polas súas idades, que oscilan entre os once anos do máis pequeno aos máis de 50 do maior do grupo.

«Ao principio foi un pouco difícil, porque o jazz é outra linguaxe distinta ao que se estuda normalmente no conservatorio», explica un dos profesores desta nova formación, Marcel Chirilov, que comparte docencia e grupo con Fernando Varela (profesor de guitarra), Rusbel Bouza (de saxo) e Ernesto Cancelo (de piano).

Fonte: El Progreso

No Cómbaro (Concerto Santa Icía 2012)

This slideshow requires JavaScript.

Repichoca no Mesón de Tony (Neda)

Este sabado dia 24 Repichoca

no Mesón de Tony,

na Mourela (Neda)

a partir das 22:00h,

esperamos a vosa presencia

%d bloggers like this: