Santa Icía 2012 (As Pontes)

Unha vez máis cumprimos coa cita de Sta. Icía, e chega cun mes de novembro cubrindo de música as rúas, os escenarios e as casas dos ponteses.
Nesta edición homenaxeamos á Rondalla Vila das Pontes e á Banda de Música Cultural e Recreativa das Pontes polo 25 aniversario de cada unha delas.
Destacar a exposición de instrumentos musicais do día 25 en Ribadeume, onde poderemos ver entre outros, instrumentos importantes na historia musical das Pontes.
A programación deste ano é como segue:
Venres 9, 21.00 horas, Auditorio Municipal ALOVI

Treixadura Organizado pola Concellería de Cultura do Concello das Pontes

Sábado 17, 18.00 horas, Auditorio Municipal ALOVI

1º Festival Participan: . Agrupación Coral ENDESA-As Pontes . Banda de Gaitas Municipal . No Cómbaro . Alfaia . Os Ponteses

Luns 19, 19.00 horas, Conservatorio

Concerto do “Trio Pantasma” do Conservatorio

Martes 20, 19.00 horas, Auditorio Municipal ALOVI

Concerto da Banda, da Jazz-Band e outras agrupacións do Conservatorio

Mércores 21, de 17.00 a 21.00 horas, Auditorio Municipal ALOVI

“53×4” Interpretación de “In C” de Terry Riley por alumnos do Conservatorio

Xoves 22, 18.00 horas, Fogar da Terceira Idade

Concerto pola diversidade A cargo de Os Suplentes

Venres 23, 20.30 horas, Auditorio Municipal Dopeso

Concerto de Guitarra A cargo de Xurxo Iglesias

Venres 23, 21.00 horas, pola rúa

Pasarrúas A cargo de Os Feroces da Galgueira

Venres 23, 23.00 horas, Lar de ENDESA

Actuación de Jin Tony’s Son

Sábado 24, 18.00 horas, Auditorio Municipal ALOVI

2º Festival Participan: . Rondalla Vila das Pontes . Banda Xuvenil de Música . Banda de Música das Pontes Neste acto farase homenaxe á Rondalla e á Banda de Música polo 25º aniversario da súa fundación.

Sábado 24, 22.00 horas, Restaurante Nova Ruta de Vilalba

Cea-baile amenizada polo grupo Samba. Saída dende a estación de autobuses ás 21.30 horas. Invitacións depositadas no Banco Pastor ata o mércores 21 de novembro.

Domingo 25, 10.30 horas, Ribadeume

Misa de Santa Icía. A continuación, ofrenda floral no monumento as músicos ponteses e actuación de: . Alende . Canavella Apertura da exposición de instrumentos musicais no local da A.VV. Painceiras de Ribadeume-Bermui.

Venres 30, 21.00 horas, Auditorio Municipal Dopeso

Recital poético do Grupo Alalá

Venres 30, 22.30 horas, Lar de ENDESA

Foliada coa actuación de: . Cantareiras de Alende . Pepe Temprano . Os Sobraos Organizada polo colectivo de gaiteiros das Pontes.

Podedes descargar o cartel anunciador aquí: Cartel Sta. Icía 2012 E o cartel coa programación aquí: Programación Sta. Icía 2012
Organiza e patrocina: Agrupación de Colectivos Musicais Ruada. Patrocinadores: Concello das Pontes e ENDESA. Colaboradores: Autobuses Hnos. Gabeiras, Floristería Soli, Espectáculos Soto, Eumenet. Cartel deseñado por Javier Balseiro.

Advertisements

Posted on 10 Novembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: