As Pontes, con ritmo jazzero

A idea de formar unha banda de jazz nas Pontes xurdiu o curso pasado e este ano as clases volveron reiniciarse no conservatorio. O obxectivo, achegar aos músicos ponteses aos ritmos máis jazzeros e promover este xénero musical entre o público da localidade que, lonxe de ser Nova Orleans, o berce do jazz, trata de dar os primeiros pasos nesta nova aventura musical.

A recentemente creada Jazz-Band das Pontes, formada por máis dunha decena de integrantes, creouse a través dunha iniciativa propia do conservatorio, na que participan músicos moi dispares, tanto polos seus coñecementos ou os seus gustos musicais como polas súas idades, que oscilan entre os once anos do máis pequeno aos máis de 50 do maior do grupo.

«Ao principio foi un pouco difícil, porque o jazz é outra linguaxe distinta ao que se estuda normalmente no conservatorio», explica un dos profesores desta nova formación, Marcel Chirilov, que comparte docencia e grupo con Fernando Varela (profesor de guitarra), Rusbel Bouza (de saxo) e Ernesto Cancelo (de piano).

Fonte: El Progreso

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 21 Novembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: