Monthly Archives: Decembro 2012
II San Silvestre Pontesa
AVISO DE ÚLTIMA HORA!! APRAZAMENTO DA II SAN SILVESTRE PONTESA PARA O SÁBADO 5 DE XANEIRO ÁS 11:00 H!!!
Sentimos comunicar que debido a que para a tarde do día 31 as previsións meteorolóxicas son moi adversas, con fortes rachas de vento e moita auga, e a pesar dos trastornos organizativos e de participación que nos supón para todos, entre o Concello de As Pontes e o Clube Olympo tomouse a decisión de aprazar a proba para o día 5 de xaneiro, sendo a proba infantil a partir das 11:00 e a absoluta ás 12:00. O resto do regulamento segue sendo o mesmo. En caso de algunha nova, manterémolos informados.
O prazo de inscricións amplíase ata o xoves 3 de xaneiro, polo que aínda se pode apuntar máis xente.
Disculpade as molestias ocasionadas. Moitas grazas pola vosa comprensión.
O coxín que silencia á gaita
O vigués Javier Ramiro Riveiro aprendeu a tocar a gaita con máis de 40 anos. “De vello, ghaiteiro”, sinala. Para non armar moito ruído e tralos comentarios de veciños do edificio, decidiu ensaiar no armario rodeado de mantas. Os decibelios seguían sendo elevados. Non lle quedou outra opción: inventar un silenciador.