Foliada feroz do Xanela (Vilalba)

¿ONDE?

PUB XANELA (Av/ Tierra Llana, 40. Vilalba-Lugo) (Latitud: 43º 17′ 46.08″  N; Longitud: 7º 40′ 40.41″  W)
¿QUENES?
Os intrépidos FEROCES DA GALGUEIRA;
A beleza do país labrada cos aires da Terra Chá das PANDERETEIRAS ENTRE LUSCO E FUSCO;
Os espectaculares XENTE NOVA;
e os incansables MEDIO QUINHÓN serán os responsables de prender lume a este akelarre.
¿E QUÉ FAREMOS?
Agardámosvos a todos alí, tocando, cantando e bailando, porque ademáis haberá sorpresas como os concursos de: – Baile con parella forzosa. – Aturuxos – Piropos bravos E suculentos premios atopados no fondo do faiado que premiarán a xenialidade dos asistentes.
… E MOI IMPORTANTE
Por último, queremos que non vos esquezades da última actividades que sumamos a esta foliada. Unha OPERACIÓN KILO de recollida de alimentos para a xente máis necesitada, feroz iniciativa solidaria para a que tamén pedimos a vosa colaboración. Aproveitando que as datas de Nadal xa están á porta, e tendo moi en conta os duros tempos que corren, non podemos esquecernos de toda esa xente que o está a pasar verdadeiramente mal; non hai que mirar moi lonxe, son os nosos veciños. É por isto que pregamos a tódol@s asistentes á Foliada Feroz que traian alomenos 1 kilo dalgún alimento non perecedeiro (pasta, legumes, galletas, sucre, …) e todo o que xuntemos será doado a Cáritas Terra Cha. Eles encargaranse de repartilos.
Moitas grazas de antemán. Entre tod@s faremos algo grande. Bicos e fregas paratod@s!
Advertisements

Posted on 8 Decembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: