Londres réndese á maxia de Carlos Núñez na súa xira polo Reino Unido

scaleCAOBB0R0O galego percorre o país como invitado do soado músico inglés Philip Pickett

A escura sala do Queen Elizabeth Hall, a beiras do lendario Támesis, permanecía silenciosa, á espera dunha función con tinguiduras de música de cámara. Bastou un simple «boas noites», entoado timidamente por Carlos Núñez, para desatar a algarabía da comunidade galega de Londres, que a pesar de estar en inferioridade numérica, liderou un concerto caracterizado polas chiscadelas á música celta irlandesa e escocesa dos séculos XVI e XVII.

Núñez, invitado especial no Reino Unido do soado músico inglés Phillip Pickett, participa nun proxecto titulado Two Pipes Piping (Dúas gaitas gaiteando). O británico e o galego percorren o país ao son de antigas pezas da música celta que soaba nas salas de Londres durante o período isabelino. Pickett, sorprendido pola afluencia do público galego, chegou a incluso a cuestionar, ironicamente, a presenza de británicos.

«A miña tarefa nos últimos anos centrouse en traer a Inglaterra músicos de categoría mundial. É unha gran honra contar cun dos mellores gaiteiros do mundo», confesou o inglés. Núñez recoñeceu que, a pesar das súas constantes visitas a Escocia e Irlanda, facía 15 anos que non pisaba un escenario en Londres. O concerto de Londres foi unha batalla de ventos entre Pickett e Núñez que, armados con gaitas e frautas de diferentes estilos e épocas, construíron un diálogo musical para transportar aos asistentes aos tempos de Shakespeare.

La Voz de Galicia

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 3 Febreiro, 2013, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: