ALBORADA PARA ROSALÍA DE CASTRO

Cartel AlboradaDomingo 24 as 12 da Mañá na Rúa Rosalía de Castro

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos” por Rosalía de Castro e o domingo 24 de Febreiro celébrase o 176 aniversario do seu nacemento. Por iniciativa da Universidade de Vigo, Fundación Rosalía de Castro, Academia Galega e a Asociación Galega de Gaiteiros, levaranse a cavo distintos actos en toda a xeografía galega, entre eles o que propón a Asociación Galega de Gaiteiros que consiste en facer unha Alborada por todas as vilas da nosa comunidade. Os Gaiteiros das Pontes atendendo a este chamamento estaremos o domingo 24 as 12 da mañá no cruce da Rúa Rosalía de Castro coa Avda. da Coruña para  dar lectura ao comunicado e conmemorar os 150 anos de esta obra única e tamén na honra da poeta coa interpretación de tres pezas tradicionais .

Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta…

Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, estanse a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.

Logo de que a Real Academia Galega se puxese en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos para a organización dunha destas actividades, a AGG decidiu unirse a estas entidades para promover a “ Alborada para Rosalía”, un acto no que se homenaxeará a Rosalía de Castro, unha das meirandes escritoras en lingua galega.

Na vindeira mañá do domingo 24 de febreiro, aniversario do nacemento da escritora, animamos a que todos os grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexen, saian ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos…, para botar unha peza na honra da poeta, podendo espallar unha octavilla cun manifesto, que explica o motivo e razón da iniciativa.

Para poder amosar a todos os grupos participantes, e ver así o que ocorre nos distintos lugares de Galicia, os grupos e/ou persoas que participen gravarán a interpretación dunha peza ( a elexir por cada grupo) e subirán o video a unha canle de Youtube na mesma mañá do domingo. (A gravación podería ser co teléfono, ou con cámara de video, ou incluso se non se pode facer gravación se poderían enviar fotografías – as instruccións para subir o video poderanse consultar en www.rosaliadecastro.org )

A partir deste material, iriamos dando conta do recibido, de xeito que dende o mesmo día poidamos ver o que ocorreu en todo o pais.

Animámosvos a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son das nosas gaitas en honor á Rosalía.

Agradecemos a tod@s os participantes que nos indiquedes a través do correo  secretaria@gaiteirosgalegos.com

 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou dos tlfs. 982229966 / 986847074 o lugar e a hora na que ides a interpretar a peza.

Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta…

Significado da Alborada de Rosalía

Partitura Dobre

Manifesto Alborada

letra da alborada

A música da Alborada de Rosalía

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 18 Febreiro, 2013, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: