“O LIÑO, ARTE E CULTURA”

CARTEL JPG

Estimad@s amig@s:
Todos os que formamos MUXAREGA transmitímosvos o noso convite a que vos acheguedes polas actividades que engloban a presentación do documental “O LIÑO, ARTE E CULTURA” e que se celebrarán mañá xoves 21 e o venres 22 de febreiro.
O documental “O LIÑO, ARTE E CULTURA”, de carácter eminentemente didáctico, pretende poñer en valor e evitar que caian no olvido as tareas domésticas de elaboración de tecidos de liño, tan importantes nos fogares galegos ata non fai moitas décadas. Nel plantéase a temática dende catro puntos de vista diferentes: o traballo manual do liño, o lado antropolóxico e social, o terapéutico, e a parte lúdica e cultural.
A grabación de este documental foi promovido pola AA.VV. de Cabreiros como parte dun proxecto de colaboración intexeracional e intermunicipal, onde interviron a propia asociación de veciños, a Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua (Vilalba), e o grupo Muxarega de As Pontes. O guión e documentación do documental correspondeu a Xosé Manuel Felpeto e a Xesús Rodríguez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, correndo a dirección de todo o proxecto a cargo do propio Xose Manuel Felpeto. A realización e producción foron realizadas polo técnico pontés Fernando Fresco.
As actividades que se prepararon para estos dous próximos días ocupan dous espacios diferentes:
Mercado Vello: Xoves 21 e Venres 22. Dende as 09:30 ata as 19:00 (con peche ó mediodía) estarán as fiandeiras de Insua facendo unha mostra das fases de traballo do liño. Exposición aberta a todo o publico en horario de mañá e tarde.
Durante parte da mañá faránse visitas guiadas ós colexios (ata 2º da ESO). Jose Mª López, director do Museo Etnográfico de Monte Caxado, encargouse de preparar unhas unidades didácticas que se entregaron nos colexios previamente ás visitas para servir de guía no propio Mercado Vello.
Casa Dopeso: Venres 22. Ás 19:30 hs. Farase a presentación e proxección do documental.
Falarán Xose Manuel Felpeto (Director e promotor do documental), Jose Mª López Ferro (Director do Museo Etnográfico Monte Caxado).
Agardando poder contar coa vosa presencia e participación, recibide un cordial saúdo.
Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 21 Febreiro, 2013, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: