IX Foliada de Melide

150790_10200254509384369_403993808_n

SÁBADO 27 DE ABRIL
11:00 Apertura da MOSTRA DE ARTESANÍA e INSTRUMENTOS. Praza do Convento
11:30 ANIMACIÓN DE RÚA con xigantes e cabezudos
12:00 5º CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA. Zona dos viños
15:00 Entrega de premios do CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA. Praza das Coles
17:00 ACTUACIÓN. NÉBOAS NO CUMIO (Sigüeiro). Praza do Convento
17:30 PASARRÚAS. FOLIÓNS RURAIS DE VIANA DO BOLO
18:00 ACTUACIÓN. CEO DO SIL (Barakaldo). Praza do Convento
18:00 OBRADOIRO. Entra no baile a bailar (Luis Prego). Praza do Convento
19:00 MARCHA GAITEIRA. Percorrido pola vila
20:00 SERÁN. Praza das Coles
  • – HERBA GRILEIRA (Melide)
  • – FROITO NOVO (Melide)
  • – POZO PEQUENO (Melide)
  • – BINGOBIRÓN (Toques)
  • – GAITEIROS DO BALADO (Toques)
  • – FOL DA CHOUSA (Visantoña)
  • – A MARISTELA (Sobrado)
  • – FIADEIRA (Antas de Ulla)
  • – FALCATRUEIROS (Monterroso)
  • – BICO DA BALOUTA (Agolada)
  • – PAO DE BUXO (Silleda)
  • – XIRANDOLA (Silleda)
  • – GAITEIROS DA PEREIRIÑA (Silleda)
  • – A REXOUBA (A Coruña)
  • – AIRIÑOS GALEGOS DOCE ALBOR (Santurtzi)
  • – A CASA DA TROULA (Rekalde)
01:00 ACTUACIÓNS. Praza das Coles
·       VAAMONDE, LAMAS E ROMERO
·       PELEPAU
DOMINGO 28 DE ABRIL
11:00 Apertura MOSTRA DE ARTESANÍA e INSTRUMENTOS. Praza das Coles
11:30 ANIMACIÓN DE RÚA con xigantes e cabezudos.
12:00 XOGOS POPULARES. Praza das Ichoas
13:00 CONCERTOS A PÉ DE RÚA. Zona dos viños
·         LEIRABUXO (Melide)
·         OS MELIDAOS (Melide)
13:30 ACTUACIÓN. BANDA DE GAITAS DA TERRA DE MELIDE. Praza do Convento
17:00 MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL. A.C. FURÓNS E DONICELAS (Palas de Rei).Praza do Convento
17:30 CONTACONTOS. CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN. Capela Santo Antón
18:00 ACTUACIÓN. AS DÚAS. Praza do Convento
18:30 ENTREGA DE PREMIOS Concurso infantil “Xente Cativa”. Capela de Santo Antón
19:00 MÚSICAS DE RAIZ. Praza das Coles
·         ALBA GUTIÉRREZ & YONI MARTÍNEZ (Cantabria – Asturias)
·         RUBÉN ALBA & VIRIU FERNÁNDEZ (Asturias)
21:00 ACTUACIÓN.
·         SÉS. Praza das Coles

SÉS

SÉS   

DOMINGO 28 DE ABRIL

21:00H

Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario

VAAMONDE, LAMAS & ROMERO

VAAMONDE, LAMAS & ROMERO

SÁBADO 27 DE ABRIL

1:00H

Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, son tres nomes referenciais na música galega actual. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz ata o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola docencia, a composición e dirección musical.
En 2006 deciden unir talentos para amosar a súa particular visión da música popular. Unha proposta minimalista pero divertida, porque detrás dunha aparente sofisticación agóchase unha refrescante posta en escena que combina a partes iguais música e retranca.
Música popular, tradicional, a de sempre, a arte vella e bela dos músicos do país, maquillada e ataviada cunha nova vestimenta, elegante e sobria; pero nada máis lonxe do seu propósito de xogar cos prexuizos, rachar cos tópicos e, sobre todo, pasalo ben, eles e o público.
En novembro de 2008, publicaron “Vellas artes”, e en 2011 o CD-DVD “O tambor de prata”.
Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.

PELEPAU

PELEPAU

SÁBADO 27 DE ABRIL

2:00H

Grupo que nace co fin de arranxar temas da tradición galega para percusións e voces.

MÚSICAS DE RAIZ

MÚSICAS DE RAIZ
DOMINGO 28

19:00H

ALBA GUTIÉRREZ & YONI MARTÍNEZ
Sones de Cantabria ya Asturies.O proxecto nace en novembro de 2012, ante a inquietude dende hai anos por parte de Alba en buscar a unión entre estas dúas culturas tan irmás do norte peninsular.Alba (Cantabria) e Yoni (Asturias) coñécense no XII Encontro de pandeireta galega e asturiana que ten lugar en Corcubión (A Coruña). Dende un primeiro momento Alba quédase prendada do estilo vocal tan tradicional e puro de Yoni, e viu a ben, pasado algún tempo, propoñerlle facer un proxecto conxunto; diferente, aínda que de música popular e que acollese os estilos de ambos os dous intérpretes.
O traballo musical que desenvolven estes dous folcloristas nas súas respectivas rexións e o coñecemento de ambos  polas súas respectivas culturas musicais, malia a súa xuventude, vén marcado polo carácter innovador e polo interese na aprendizaxe que demostran.Por iso uniron as súas voces e os seus instrumentos nun espectáculo moi interesante no que nos fan un breve percorrido polas similitudes de dúas culturas irmás: a cántabra e a asturiana.
RUBEN ALBA & VIRIU FERNÁNDEZ
Asturias
Rubén Alba García comezou a tocar a gaita na ‘Banda de GaitasTabladar’, dirixida por José Manuel Tejedor, cando tiña tan só 11 anos.
Aos 14 anos presentouse por primeira vez a un concurso Amateur na súa cidade, “A Folquina” quedando no primeiro posto. A partir dese ano, comezou a participar con outras agrupacións asturianas viaxando a lugares como EE.UU, Francia, Italia, Portugal… ademais de viaxar por toda España colaborando ,como membro da Banda de gaitas de Tabladar, con grupos punteiros españois de Rock como Revolver ou Víctor Manuel.
Con 18 anos (2002) viaxou a Francia como campión de Asturias, proclamándose alí gañador do “Macallan”, festival popular celebrado no Norte de Francia no cal gaiteiros asturianos, galegos e bretóns compiten por alzarse co trofeo internacional máis prestixioso. Ese foi un dos momentos máis importantes para él como gaiteiro solista posto que é o premio máis prestixioso existente na modalidade de gaita asturiana.
En 2004 comeza a traballar como director musical e mestre da banda de gaitas de Vila de Avilés, cuxo papel é o de tratar de difundir a música tradicional asturiana e formar novos gaiteiros.
No ano 2006 repite como gañador do Remis Ovalle e por segunda vez consegue alzarse co primeiro posto no célebre Macallan. Tras este novo logro, conságrase como o segundo gaiteiro asturiano en conseguir 2 Trofeos Macallan e polo tanto ser incluído na lista dos mellores gaiteiros de España.
Actualmente segue exercendo como director da Banda de Gaitas Vila de Avilés e comeza a traballar en formato dúo e trio, xunto cos músicos Viriu Fernández e Juanjo Díaz.
Rubén Alba reúne todos os trofeos existentes para gaiteiros solistas asturianos

SERÁN

O SERÁN celebrarase na primeira xornada da FOLIADA, o sábado 27 de abril.
Grupos participantes:
1.   HERBA GRILEIRA (Melide)
2.   FROITO NOVO (Melide)
3.   POZO PEQUENO (Melide)
4.   BINGO BIRÓN (Toques)
5.   GAITEIROS DO BALADO (Toques)
6. FOL DA CHOUSA (Visantoña)
7. A MARISTELA (Sobrado)
8. FIADEIRA (Antas de Ulla)
9. FALCATRUEIROS (Monterroso)
10. BICO DA BALOUTA (Agolada)
11. PAO DE BUXO (Silleda)
12. GAITEIROS DA PEREIRIÑA (Silleda)
13. XIRANDOLA (Silleda)
14. A REXOUBA (A Coruña)
15. AIRIÑOS GALEGOS DOCE ALBOR (Santurtzi)
16. A CASA DA TROULA (Rekalde)

MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS

A MOSTRA DE ARTESANÍA instalarase na Praza do Convento durante toda a fin de semana en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
Artesáns participantes:
1.      CARLOS FANDIÑO (Gaitas)
2.      PATRICIA CELA (Gaitas)
3.      SANÍN (Percusión)
4.      OBRADOIRO DE GAITAS LIS (Gaitas)
5.      X. MIGUEL MOSQUERA MEDÍN (Gaitas)
6.      FEITURA (Traxe tradicional)
7.      CÉSAR LOUREIRO (Zanfonas)
8.      JR MUSICAL (Gaitas – Percusión)
9.      GAITAS PRIETO (Gaitas)
10.    TERESA TABOADA (Traxe tradicional)
11.    REGALICIA
12.    CAROLINE LACOMBE (Instrumentos tradicionais e folk)
13.    VALDI (Madeira)
14.    ELENA FERRO (Coiro)
15.    RECICLA CON ARTE
16.  TRAXANDAINA (Traxe tradicional)
17. PRESEDO (Gaita midi)

CONTACONTOS: CELSO F. SANMARTÍN

DOMINGO 28 DE ABRIL
CAPELA DE SANTO ANTÓN
Celso Fernández Sanmartín leva recollendo contos e historias inconscientemente toda a vida, pero desde hai anos recólleas coa intención de contalas de cara a distintos públicos.
Comezou por casualidade e oportunidade. Continuou porque é unha actividade de amor, sentido e paixón: pola lingua, pola oralidade, pola comunicación, por pensar que non se perda un verdadeiro tesouro de historias e contos, e ir por aí mostrándoo e ofrecendoo coa boca aberta e coa boca chea.

OBRADOIRO DE BAILE

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza dentro da programación da Foliada de Melide o obradoiro “Entra no baile a bailar…”. Este obradoiro levarase a cabo o sábado 27 a partir das 18h na Praza do Convento de Melide.“Entra no baile a bailar…” é o nome do obradoiro que Luís Prego se encargará de impartir e que está dirixido a todo a o público, enfocado a ser totalmente participativo coa intención de contar con nenos e maiores interesados en en aprender recursos de baile tradicional.

CONCURSO XENTE CATIVA

O II CONCURSO INFANTIL XENTE CATIVA está dirixido aos alumnos de primaria dos distintos centros escolares da Terra de Melide.

A XENTE CATIVA é o nome dos seres mitolóxicos máis pequenos coñecidos en Galicia, son coma ananos pero moito máis pequenos, se cadra non máis grandes que as formigas; e sábese de boa man que eran moi aficionados a música.
Coa incorporación deste concurso á programación da Foliada de Melide, preténdese conseguir un acercamento dos máis pequenos a un encontro cultural de música, artesanía e tradición.
Este ano propoñemos aos máis pequenos que participen de novo dunha maneira activa; pero dun xeito moi especial, queremos que conten coa colaboración dos seus maiores máis cercanos (avoas, avós, pais, nais…). En definitiva, deberán recoller da man dunha destas persoas a copla tradicional que máis lles guste e plasmala nunha cartolina acompañada dun debuxo ou certa decoración que a represente.
BASES
1. Os participantes levarán a cabo unha recompilación de información coa colaboración dos seus familiares ou veciños
2. As coplas deben ser plasmadas de forma escrita e cunha boa presentación, para o concurso non só conta a copla máis relacionada coa Foliada senón que tamén a forma na que ésta se presente
3. Os participantes serán os/as alumnos/as de educación primaria (de primeiro a sexto).
4. As obras presentaranse nunha cartolina tamaño A-4 (21 x 30cm) e a técnica de debuxo a utilizar é totalmente libre.
5. No reverso da cartolina deberán figurar o nome, os apelidos e a idade do participante; xunto co centro escolar e o curso ao que pertenzan.
6. Só se admitirá un debuxo por participante.
7. Os debuxos recolleranse en cada centro o dí­a 12 de abril de 2013 por un compoñente da organización do evento.
8. Todos os participantes recibirán un diploma e un pequeno agasallo por participar.
9. O xurado do concurso estará formado pola organización da Foliada de Melide, que establecerá dous premios por rango de idade:
       A. Un premio para os participantes de 6 a 9 anos, composto dun diploma de participación e un lote de agasallos relacionados coa música galega e coa pintura.
       B. Un premio para os participantes de 10 a 12 anos, composto dun diploma de participación e un lote de agasallos relacionados coa música galega e coa pintura.
10. Tódolos debuxos entregados estarán expostos en Melide o 27 e 28 de abril dentro da programación da Foliada.
11. A entrega de premios terá lugar na Praza do Convento, o domingo 28 de abril de 2013 e durante ambos días todos os participantes poderán recoller o seu diploma de participación no stand da organización da Foliada de Melide.
12. A participación non concurso XENTE CATIVA, leva consigo a aceptación das presentes bases

EU SON FOLIADEIR@!

Xa podes participar no Concurso “Eu son foliadeir@!”

Só tes que compartir unha foto con nós a través do facebook (no muro da Foliada de Melide), onde se demostre que sodes @s mellores foliadeir@s do país.
A foto que máis “gústame” consiga antes do 1 de abril, será a gañadora do “kit foliadeir@” que inclúe unha camiseta da Foliada 2013, unha chapa “Eu son Foliadeir@” e unha botella de licor café edición especial Foliada.
O PRAZO PARA ENVIAR AS FOTOS REMATARÁ O 31 DE MARZO
ANIMÁDEVOS!!
Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 15 Abril, 2013, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: