II Curso de construcións de palletas polo pontés Jaime Pena

cartaz%20curso%20de%20construcion%20de%20palletas%20e%20pallonsO artesán Xaime Pena será o encargado de guiar o curso que terá lugar nos locais da Tradescola, no Centro LUG II (Lugo) o vindeiro sábado 4 de maio do 2013.

Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da  música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc.

Xaime Pena iniciou a súa historia como palleteiro alá polos anos 80.  Foi  nesas datas cando empezaron os seus primeiros contactos co mundo das palletas, da man do seu pai, José Adolfo Pena, a quen lle axudaba na preparación dos materiais necesarios para a súa construcción: cañas, tubos, aneis e o preatado das mesmas. Entorno ao año 2000 retomou a construción de palletas, esta vez xa en solitario.

O horario do curso, que terá lugar na Tradescola-  Centro LUG II ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo), será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Prezo: 20€ (para alumnos da Tradescola / Socios da AGG) e 25€ para público en xeral.

As prazas son limitadas.

Máis información e inscricións:

·         Tradescola ( horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas)

·         Teléfono 982229966

Asociación Galega de Gaiteiros

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 23 Abril, 2013, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: