Foliada “Santa Palleta” As Pontes

Santa palleta

O colectivo de grupos tradicionais de As Pontes estamos a organizar unha Gran Foliada para o 15 de Xuño e para elo contamos con vos: Cantareir@s, Bailador@s, Gaiteir@s, Pandereteir@s, etc. etc. etc.
Estimad@ amig@:

Poñémonos en contacto contigo para presentarche e invitarche á que decidimos denominar  foliada de SANTA PALLETA coa que os grupos de música tradicional de As Pontes queremos poñer un peche de ouro a esta tempada de foliadas, que iniciamos en setembro do 2012 e finalizaremos este mes de maio (e xa van 7 tempadas!!). A idea, como no podía ser doutro xeito, é tentar perpetuar no tempo a SANTA PALLETA ó final de cada tempada de foliadas.
¿CANDO E ONDE?
SANTA PALLETA celebrarase o SÁBADO 15 DE XUÑO no recinto exterior da cafetería LAR, onde, confiando nunha climatoloxía favorable, instalaremos todo o preciso para disfrutar da música do país:
–  Unha tarima para que os grupos podan actuar cómodamente.
– Equipo de son e microfonía básico.
– Barra de bar exterior.
– Pulpeira.
– E ademáis… sorteos de kits de palletas do mestre palleteiro pontés Jaime Pena.
A tarima para as actuacións e torreiro para o baile ubicarase nunha ampla zoa de céspede, moi cómoda e práctica para facer a festa.
En caso de que chova, SANTA PALLETA trasladarase ó interior da cafetería LAR, ó mesmo lugar onde se fan habitualmente as foliadas.
¿COMO PARTICIPAR?
O formato de SANTA PALLETA será o de facer actuacións dende as 21:00, cunha duración aproximada de 15 minutos cada unha delas. Non haberá límite de grupos, e faranse as voltas que sexan precisas ás intervencións dos grupos.
Calquer colectivo interesado en participar deberá de mandar un correo a santapalleta@gmail.com  pedindo a súa inclusión no programa da foliada, e facilitando o nome e o teléfono dunha persoa de contacto. Posteriormente a organización poñerase novamente en contacto con cada grupo indicarlle a súa hora de actuación.
Para os grupos que veñan de fora de As Pontes e queiran aproveitar toda a noite de SANTA PALLETA dispoñeremos dunha zoa de acampada e duchas nas inmediacións da cafetería LAR, no campo de tiro con arco.
Con todo esto, festeiros e festeiras, bailadores e bailadoras, non tedes excusa. Agardamos por vos, así que ide mandando dende xa as vosas inscripcións e de paso preparando zapato cómodo para unha noite que se antolla moi longa. Vémonos o 15 de Xuño na SANTA PALLETA en As Pontes.
… Ah! e se aínda vos queda algunha dúbida, podédenola consultar no correo da foliada que vos indicamos máis arriba: santapalleta@gmail.com
Saúde e festa!
Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 4 Xuño, 2013, in Santa Palleta. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: