Monthly Archives: Agosto 2013

No Cómbaro en Bardaos o Xoves día 5

San Pipote /Santa María de Bardaos prepara a popular procesión adicada a San Pipote.

Mañá xoves comezan na parroquia de Santa María de Bardaos as súas festas que teñen a figura de San Pipote como referente lúdico. Trala misa solemne das 13.30 horas as actividades comezan ás 23.00 horas no local social coa actuación dos grupos Punta Norte e No Cómbaro. Ofrecerase aos asistentes o vídeo co pregón das festas.
O venres haberá novamente unha misa ás 13.30 horas e posteriormente unha sesión vermú coa actuación da orquestra Xente Nova. Ás 18.00 horas celebrarase o popular partido de fútbol entre solteiros e casados contra solteiras e casadas. Xa pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Xente Nova e Philadelphia.
O día grande das celebraciones en Bardaos será o sábado. Haberá unha sesión vermú con Panamá e ás 18.00 horas celebraranse as “Olimpiadas parroquiais”. Pola noite actuarán Panamá e Aché e á unha da madrugada levarase a cabo a concorrida procesión de San Pipote, un evento que convoca a miles de seguidores.
As persoas interesadas dispoñen dunha zona de acampada para vivir con intensidade as festas e a organización habilitou un Facebook onde dispoñen de máis información.

Fonte: Diario de Ferrol

Advertisements

Inauguración da Casa Museo Manuel María

1278887_10201192003636432_1641651681_o

II Festival Folk Aturuxo (Bravos – Ourol)

1150864_604919539552532_1268164761_n

Homenaxe a Moncho Valcarce nas Encrobas

1013811_459253820833492_1292670673_n
537193_482920141800193_1839402969_nXantar popular (hai que coller bono xantar con antelación), recital poético, actuación de A Quenlla, Pandereteiras das Encrobas
Lydia Botana “bolboreta”, Xosé M Ares (gaita) e outras actividades. Será En Pontoxo, As Encrobas existen! Moncho Valcarce resiste na memoria…

XXI Concurso Constantino Bellón

Cartel XXI CBConcurso de Composición para Gaita Galega Solista

“CONSTANTINO BELLÓN” 2013
 En Ferrol, o día 28 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO
ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
 DANIEL ROMAR SAMBADE
pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda”.
  Así mesmo acordan conceder os accésit a:
JAVIER Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo)
LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.
(Para gaita solista e corda)
Mención Gaita de Ouro “Constantino Bellón” 2013
Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán, na modalidade de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a concesión da mesma.
A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará  o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”,.

XII Noite de Lúa Meiga (O Viso- Redondela)

969999_556852907704066_700591413_n

591-124291-a-romera%20de%20O%20Pote%202

25ª Festa do Requeixo (A Capela)

1003376_572167919506999_2041848424_n

Festival do Río Belelle (O Roxal)

591-124222-a-roxal

Festival Folk en Guísamo

591-124223-a-998780_10200332947353834_631430987_n

%d bloggers like this: