XXI Concurso Constantino Bellón

Cartel XXI CBConcurso de Composición para Gaita Galega Solista

“CONSTANTINO BELLÓN” 2013
 En Ferrol, o día 28 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO
ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
 DANIEL ROMAR SAMBADE
pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda”.
  Así mesmo acordan conceder os accésit a:
JAVIER Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo)
LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.
(Para gaita solista e corda)
Mención Gaita de Ouro “Constantino Bellón” 2013
Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán, na modalidade de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a concesión da mesma.
A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará  o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”,.
O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención Gaita de Ouro
“Constantino Bellón” correspondente ao ano 2013  a:
PABLO CARPINTERO
pola súa labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán.
Pablo Carpintero naceu en San Cristobo de Castro, no concello de Carballedo, na provincia de Lugo en 1969. É gaiteiro desde os oito anos e estudou ciencias biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela onde, en 1992, acadou o grao de  doutor. Nesta mesma universidade obtivo o diploma de estudos avanzados en musicoloxía no ano 2006.
Hai máis de vinte anos que se dedica a estudar e difundir os nosos instrumentos musicais, para o que ten feito traballo de campo en toda Galicia, Asturias, Portugal e o Bierzo, estudando principalmente a gaita de fol e a súa música. Froito deste traballo é a súa obra de investigación máis destacada: “Os instrumentos musicais na tradición galega”, onde se dá conta de máis de 150 instrumentos musicais empregados na Galicia tradicional. Ten editado tamén numerosos traballos discográficos, ben cos seus grupos “Ultreia” e “A Requinta de Xián”, ben con gaiteiros de idade para consevar os seus orixinais sons.
Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e forma parte da comisión do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Traballou seis anos como técnico do proxecto Ronsel para a posta en valor do Patrimonio Cultural de Galicia e, en 2011, foi escollido para formar parte do comité da UNESCO que avalía as candidaturas á Lista Representativa de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, tarefa que segue a realizar na actualidade.
Hai máis de dez anos que colabora na sección “O Recuncho da Palleta” dentro do programa “Lume na Palleira” da Radio Galega, e desde hai tres anos realiza unha sección dentro do programa “Luar” dedicada á nosa música máis tradicional.
Na actualidade dedícase á fabricación de gaitas de fol, percusión, requintas e frautas no seu obradoiro de Santiago de Compostela, sendo a súa principal teima a réplica de gaitas de fol antigas e a recuperación dos seus sons.
Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 25 Agosto, 2013, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: