No Cómbaro en Bardaos o Xoves día 5

San Pipote /Santa María de Bardaos prepara a popular procesión adicada a San Pipote.

Mañá xoves comezan na parroquia de Santa María de Bardaos as súas festas que teñen a figura de San Pipote como referente lúdico. Trala misa solemne das 13.30 horas as actividades comezan ás 23.00 horas no local social coa actuación dos grupos Punta Norte e No Cómbaro. Ofrecerase aos asistentes o vídeo co pregón das festas.
O venres haberá novamente unha misa ás 13.30 horas e posteriormente unha sesión vermú coa actuación da orquestra Xente Nova. Ás 18.00 horas celebrarase o popular partido de fútbol entre solteiros e casados contra solteiras e casadas. Xa pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Xente Nova e Philadelphia.
O día grande das celebraciones en Bardaos será o sábado. Haberá unha sesión vermú con Panamá e ás 18.00 horas celebraranse as “Olimpiadas parroquiais”. Pola noite actuarán Panamá e Aché e á unha da madrugada levarase a cabo a concorrida procesión de San Pipote, un evento que convoca a miles de seguidores.
As persoas interesadas dispoñen dunha zona de acampada para vivir con intensidade as festas e a organización habilitou un Facebook onde dispoñen de máis información.

Fonte: Diario de Ferrol

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 30 Agosto, 2013, in Concertos de No cómbaro, Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: