O vindeiro sábado 22 de Febreiro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar no local da rúa Magdalena 220 de Ferrol o III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles.
Participarán os seguintes grupos:
OS PICURRUCHOS DE LUGO
OS DE LONXE DE BARCELONA
XENTE NOVA DE FERROL
CHIQUIRINDAINA DE VIGO
A FOLLA DA HEDRA DE VIGO
VIRUTAS DE ÉBANO DE VIGO
SESTRELO DE MADRID
RUMBÍA DE PORTO DO SON
EFECTO POLILLA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Durante a deliberación do Xurado actuará o grupo Vai Rañala Meu
O vindeiro venres 28 de Febreiro tocanos a OS TREVILLAS organizar a Foliada das Pontes, que se celebra na cafeteria LAR, o último venres de cada mes.
Coincidindo esta co venres do Entroido, animámosvos a que veñades disfrazados, facendo así unha foliada distinta.
Estaremos acompañados dos grupos:
– QTRASDASPONTES FOLK
– QUADRILHA DO CAMPO DE CHAO
Esperamosvos e suguro que o paseremos moi ben.
En pouco máis dun mes, o mozo acordeonista Andrés Penabad (As Pontes, 1985), presentará o seu primeiro traballo en solitario, Crossing. Producido por Fernando Barroso, conta coa colaboración, entre outros, de Kepa Junquera. «Tocamos xuntos no Festival de Pardiñas hai anos e nese momento, aseguroume que estaría aí axudándome no que puidese e así foi», explica.
-¿Como está a funcionar o seu primeiro tema, «Jota dá Praza dá Pedra»?
-A verdade é que tivo moi boa aceptación, en poucos días xa pasaba as 2.000 reproducións. Estou un pouco no aire con esa acollida.
-O día 14 de marzo será a presentación oficial.
-Así é, na taberna Baiuca en Arteixo, propiedade de migran amigo, compañeiro e líder de Luar na Lubre, Bieito Romero . Ademais, pola noite darei un pequeno concerto na Cova Céltica da Coruña. E xa o día seguinte toca tourear na miña casa, nas Pontes, así que esperemos poder saír pola porta grande e non correndo.
-¿Como chegou o acordeón á súa vida?
-Aos nove anos fun a por a guitarra e cheguei ata sexto de conservatorio, pero pasou algo curioso porque a primeira que tocou o acordeón fun a miña nai. Un día díxome que se ía apuntar a clases e eu contesteille que iso era para vellos porque o concepto que tiña era erróneo. Ao final enganchoume e na miña primeira clase xa decidín deixar atrás os anos que levaba coa guitarra para dedicarme de maneira total ao acordeón.