Andrés Penabad

«Estou no aire coa acollida»

scale (1)En pouco máis dun mes, o mozo acordeonista Andrés Penabad (As Pontes, 1985), presentará o seu primeiro traballo en solitario, Crossing. Producido por Fernando Barroso, conta coa colaboración, entre outros, de Kepa Junquera. «Tocamos xuntos no Festival de Pardiñas hai anos e nese momento, aseguroume que estaría aí axudándome no que puidese e así foi», explica.

-¿Como está a funcionar o seu primeiro tema, «Jota dá Praza dá Pedra»?

-A verdade é que tivo moi boa aceptación, en poucos días xa pasaba as 2.000 reproducións. Estou un pouco no aire con esa acollida.

-O día 14 de marzo será a presentación oficial.

-Así é, na taberna Baiuca en Arteixo, propiedade de migran amigo, compañeiro e líder de Luar na Lubre, Bieito Romero . Ademais, pola noite darei un pequeno concerto na Cova Céltica da Coruña. E xa o día seguinte toca tourear na miña casa, nas Pontes, así que esperemos poder saír pola porta grande e non correndo.

-¿Como chegou o acordeón á súa vida?

-Aos nove anos fun a por a guitarra e cheguei ata sexto de conservatorio, pero pasou algo curioso porque a primeira que tocou o acordeón fun a miña nai. Un día díxome que se ía apuntar a clases e eu contesteille que iso era para vellos porque o concepto que tiña era erróneo. Ao final enganchoume e na miña primeira clase xa decidín deixar atrás os anos que levaba coa guitarra para dedicarme de maneira total ao acordeón.

 

La Voz de Galicia

 

Un adianto do seu CD:

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 5 Febreiro, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: