Berrogüetto anuncia a súa disolución

Despois de 18 anos de carreira ininterrompida e cinco discos despídense «cun sorriso»

scale

Berrogüetto despídese. O histórico grupo de música folk de Vigo anunciou hoxe a súa disolución despois de 18 anos de carreira ininterrompida e cinco discos ás súas costas. Os seus integrantes despedíronse hoxe de forma oficial cun comunicado a través a súa páxina web. Nela aseguran irse «cun sorriso, satisfeitos polo traballo realizado e polos obxectivos acadados».

Os músicos de Berrogüetto non ofrecen os motivos que as levaron a anunciar a desaparición do grupo e aproveitaron para facer balance de todos estes anos de carreira. No seu repaso aseguran sentirse orgullosos do compromiso coa música e a cultura do país, «guiándonos unicamente polo noso afán creativo e ou noso propio e inconfromista universo musical». Ademais de agradecer o apoio e a fidelidade da familia e os seguidores, Berrogüeto aproveita para anunciar unha xira de despedida por algúns dos concellos máis importantes. De momento non ofrecen datas nin dan unha listaxe de lugares pechado.

A grupo naceu hai case dúas décadas cun orixinal nome baseado nunha reivindicación dos seus propósitos. Berro, para gritar que se pode camiñar cara a un mundo mellor e dar voz aos sen voz, gueto, polas minorías marxinadas, e Soweto, barrio de Johannesburgo que foi a máxima expresión da oposición do apartheid. Con esa intención de ser «berro dos oprimidos», Berrogüetto pretendeu sacar da súa marxinación ao folk.

Con esa receita na man, Berrogüetto fíxose un nome no panorama galego e tamén no mercado internacional musical. As súas ganas de innovar leváronlle a investigar con sons e instrumentos diferentes. Grazas a ese esforzo lograron o favor da crítica e conseguiron galardóns como o Premio da Asociación da Crítica Alemá do disco ao mellor disco de World Music en varias ocasións, Premio opinión ao mellor disco folk, finalista dos premios da música da academia das artes escénicas e musicais como mellor album en galego e tamén finalista dos Grammy Latinos ao mellor disco folk, entre outros.

A agrupación Berrogüetto percorreu boa parte da xeografía galega e ofrecido concertos en espazos relevantes como a propia Praza de Quintana, onde chegaron a actuar polo menos en tres ocasións.

O último concerto

Berrogüetto está integrado por Anxo, Guillerme, Isaac, Quico, Santiago e Xabier. Todos eles se subiron ao escenario por última vez o pasado 19 de decembro en sálgaa Clamores de Madrid. Esta foi a súa actuación de despedida de ámbito estatal, porque a última vez que o público galego puido gozar da súa música foi o pasado outubro en Arteixo.

Entre as súas moitas colaboracións e participacións relevantes figura a súa implicación na creación de parte da banda sonora da película The Way, sobre o camiño de Santiago, cuxo protagonista foi o famoso actor Martin Sheen. Tamén traballaron man a man co escritor Manolo Rivas, cuxo poema Alalá dá noite foi musicado no seu disco Kosmogonías.

A Voz de Galicia

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 5 Febreiro, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: