XIX Xantar Gaiteiro

Organizado pola Asociación Galega de Gaiteiros e coa colaboración do Concello das Pontes e das asociacións de Música Tradicional pontesas No Cómbaro e Canavella, vaise celebrar o XIX Xantar Gaiteiro o domingo 23 de Marzo na nosa Vila. Esta xuntanza anual de xente relacionada coa Música Tradicional e procedente de todo o pais, desprazarase ata As Pontes onde, a base dun bo cocido, freixós, música da boa e por suposto mellor compaña, alterarán a tranquila xornada pontesa do domingo.

A celebración será por partida doble xa que o XIX Xantar coincide co 25 Aniversario da Asociación Galega de Gaiteiros.

O Xantar será nunha carpa instalada para o evento dentro do recinto do Colexio Santa María.

XGfinal

A Asociación de Gaiteiros Galegos xa está a organizar a XIX edición do tradicional Xantar Gaiteiro, que se celebra coa chegada da primavera.

Este ano ademáis, é unha edición especial, xa que celebramos o 25 aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos, polo que non pode faltar ninguén!!

A Data e o lugar elixido serán os seguintes: Domingo 23 de Marzo, As Pontes.

Este xantar é a excusa perfecta para para pasar un día en compaña dos que gustamos da nosa música tradicional, cunha programación completa e interesante. Convidade aos voso amigos a que pasen esta xornada con todos nós, teremos charlas, exposicións, visitas, música e por suposto o xantar.

Programa:

11.30 horas . Exposicións e charla no Mercado Vello a cargo de Berros do Castro e da AGG

12.30 horas. Visita Guiada á Praia do Lago (Sairá un bus do colexio Santa María, para asistir é preciso inscribirse)

13.30 horas. Pasabares polo centro da vila

14.45 horas. Xantar na carpa instalada no Colexio Santa María

*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos  e lugares). Será preciso inscribirse para facer á visita guiada á Praia do Lago

Para asistir ao XIX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 20 de Marzo, indicando, se é o caso,  o número de persoas que te acompañarán.

DATA

23 de marzo de 2014

14:45 horas

 LUGAR

Colexio Santa María

Praza de América s/n 15320  As Pontes   ( A Coruña )

MENÚ

Sopa

Cocido

Freixós, requeixo da Faeira e Mel de Goente

Auga, Viño, refrescos, café e chupito

PREZO

O prezo é de 21 euros por persoa que serán entregados ao entrar (10,5 € para nenos menores de 12 anos).

RESERVA

secretaria@gaiteirosgalegos.com

Teléfono  986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 13 Marzo, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: