XIX Xantar Gaiteiro

As Pontes congregou a 125 persoas no Xantar Gaiteiro

A Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou na vila pontesa o seu 25 aniversario

scale (1)A.F.C.
AS PONTES / LA VOZ  23 de marzo de 2014  19:18
O Xantar Gaiteiro, que cumpre 19 anos, congregou a 125 persoas nas Pontes. Os asistentes, afeccionados á música tradicional, proveñen de distintas cidades e pobos de toda Galicia. A Asociación de Gaiteiros Galegos promove este encontro, por iniciativa das agrupacións Non Cómbaro e Canavella, que solicitaron a celebración da festa nas Pontes. O colectivo organizador conmemorou, ademais, o seu 25 aniversario.

Os actos comezaron a media mañá, cunha visita guiada ao Lago e pasacalles amenizados polos gaitas, e seguiu ao mediodía na carpa instalada no colexio Santa María, onde continúa a festa. Tras a degustación do cocico, con filloas, requesón da Faeira e Mel de Goente, comezaron a soar as gaitas. Entre os asistentes atópase Freixo, “ou mítico gaiteiro pontés”, en palabras de Manuel Lamas, de Non Cómbaro. Xunto aos máis veteranos hai nenos, que están demostrando a súa habilidade co tradicional instrumento. A diversión alargarase ata preto das nove.

Fonte: La Voz de Galicia

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 24 Marzo, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: