XIX Xantar Gaiteiro

Os gaiteiros encheron As Pontes de música tradicional no seu xantar

XXV Xuntanza de Gaiteiros en As Pontes /A Asociación de Gaiteiros Galegos comezou os actos cos que ó longo de todo 2014 celebrará o seu 25 aniversario co seu xantar anual, desta vez nas Pontes. É unha localidade “con moitos asociados e moita tradición de gaiteiros”, apuntaba Xoán Manuel Tubío, secretario da entidade. Foron eles os que quixeron traer ó municipio pontés esta reunión, na que participaron uns 150 músicos de toda Galicia. De feito, e aproveitando a súa presenza, homenaxearon ó gaiteiro Manuel Castro “Freixo”, que con 96 anos é un dos máis veteráns do país.
Comezaron o seu percorrido coñecendo o Mercado Vello e as súas exposicións, con charlas a cargo de Berros do Castro e da Asociación de Gaiteiros. Despois marcharon a coñecer o lago das Pontes e, á volta, encheron de música o centro da vila, tocando polos bares e amenizando a hora dos viños. O xantar, ó que se uniron xa tódolos participantes, foi no patio do colexio Santa María, a base de cocido e lambetadas propias destas datas, incluíndo produtos locais como requeixo da Faeira e mel de Goente. Despois foi a homenaxe a Freixo, a quen se lle entregou unha figura como obsequio, e comezou a foliada, que se prolongou durante toda a tarde.

orixes ortegáns
A asociación de gaiteiros comezou a xestarse nos anos 70 en Ortigueira, con reunións de gaiteiros vellos, novos, artesáns e xente implicada na música tradicional. Estas xuntanzas seguiron en Melide e no 89 foi a asemblea constituínte. Os seus obxectivos son os de “dignificar e divulgar a nosa música tradicional”, apunta Tubío, querendo abarcar “unha visión global do que é a música tradicional galega e do papel que lle corresponde neste século XXI”. Así, se o avance foi importante na consideración social do gaiteiro, “figura moi ridiculizada durante a ditadura”, lembra o secretario da AGA, hai moito traballo que facer ante os retos que presenta unha globalización que o é tamén no eido cultural. “Esta sociedade é moito máis complexa”, di Tubío. Tamén está pendente dar unha maior visibilidade á música tradicional, presente no día a día de milleiros de persoas. Estudos como o da Fundación Son de Seu de 2006 indican que hai 24.000 alumnos de música tradicional, 600 profesores e 900 lugares nos que se ensina.

Diario de Ferrol

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 24 Marzo, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: