6º ANIVERSARIO DAS “NOITES DE TASCA” EN ORDES

48 Noite de Tasca-Tordoia

 

Comezamos pola tarde celebrando obradoiros para achegar o noso folclore ao público de tódalas idades.
Na alameda, a partir das 18:30 h, os alumnos e compoñentes da Asociación Cultural CAMIÑO REAL DE POULO, dirixidos pola mestre HELENA NOYA RUIBAL, levarán a cabo un obradoiro de baile galego.
Tamén estará na alameda, o músico e artesán OLI XIRÁLDEZ, cun obradoiro de “Enredos sonoros” no que poderemos fabricar diversos instrumentos musicais de xeito moi sinxelo e divertido.

Un pouco máis tarde, ás 20:00 h, diante do Museo do Traxe, haberá outro obradoiro de música e baile tradicional a cargo dos mestres JUAN PENA e BEA GARCIA, da Asociación Folclórica SEMENTES DA ARTE.

A partir das 21:30 h, máis de 25 grupos de música e baile repartiranse polos bares de Ordes para logo xuntarnos todos, a partir das 12 da noite, e desfrutar dunha gran FOLIADA final que terá lugar arredor da cervexaría ISLIA (na Rúa Ramón Ferreiro, 2)

Lembrade que ás 12 h da noite empezaremos co sorteo da gaita do Obradoiro SEIVANE e sacaranse boletos ata que apareza o afortunado gañador.

Aproveitamos para dar as gracias a todos os bares e grupos participantes neste 6º Aniversario, moitas gracias polo voso apoio e vémonos o venres!

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 1 Xuño, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: