SeisPorOito gaña o concurso de grupos noveis do Intercéltico do Morrazo

 

novel1O concurso de grupos noveis da XXX edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que se desenvolverá os vindeiros 25 e 26 de xullo na localidade de Moaña, xa ten gañador. Será a formación coruñesa SeisPorOito, que terá como premio actuar no Intercéltico o venres 25 de xullo ás 22 horas, compartindo escenario con outros grupos consagrados no panorama galego. O xurado quixo por de relevo “o alto grao de calidade musical das formacións que se presentaron, moi preto das vinte, lixeiramente superior ao ano pasado, o que amosa o nivel que ten a música galega a día de hoxe”. De igual forma, insístese en que neste tipo de premios, “sempre é moi difícil escoller, xa que cada proposta contén elementos moi novidosos e interesantes”, mais neste caso, “a proposta de SeisPorOito foi dende logo, a máis completa e boa das presentadas e estamos seguros que enriba do escenario darán o mellor que hai dentro deles”. De igual xeito, dende a dirección do Festival parabenízase a realización deste concurso, “que pretende dar saída a un talento emerxente ás veces moi pouco recoñecido nos circuítos tradicionais”.

En palabras do grupo SeisPorOito, “para nós é un auténtico pracer ter a oportunidade de amosar a nosa música nun Festival coma este, no que participan, anos tras ano, artistas de renome”, ao que engaden, “queremos darlle as grazas ao xurado, tanto por ternos seleccionado a nós, como por ter a iniciativa de darlle auxe aos grupos noveis”. SeisPorOito xurde no ano 2012 “pola nosa inquietude de buscar, descubrir e reivindicar” novos xeitos de interpretar a música tradicional, tanto galega como doutros países do mundo. “Queremos amosar a música tradicional dándolle un toque e unha visión contemporánea, actual e persoal”, insisten. Os integrantes de SeisPorOito “vimos de estilos musicais diversos, misturando todos eles facemos a nosa música, pero sempre mantendo a raíz e a esencia da tradición. Esta raíz da que falamos é a que sirve de base para os nosos temas, chegou as nosas mans grazas a labor de investigación que se leva realizando en Galicia durante as últimas décadas, por nós mesmos e por múltiples persoas ligadas ao mundo tradicional”.

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 8 Xullo, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: