XVI MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS DE LUGO

Un total de 15 grupos de música tradicional galega encherán as rúas do casco vello de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

san froiln 2014 peqA Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XVI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará con actuacións de 15 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade o vindeiro domingo día 12 de outubro, o día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.

Os grupos participantes son os seguintes:

Ansuiña – Vilanova de Arousa

A Regionalista – Teo

Ars Antiqua – Compostela

Caivanca – Lugo

Cuarteto Xaramolo – Lourenzá

Embruxo – Ordes

Ludovaina- Cangas do Morrazo

Os Cuncheiros – Vigo

Os de Algures – Pontevedra

Os Enxebres de Cacheiras – Cacheiras

Os Fontesuairas – A Coruña

Os Melidaos – Melide

Saiñas – Xove

Tanto nos Ten – Redondela

Zurrumalla – Vigo

Pola mañá os 15 grupos saírán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.

Pola tarde repetirase o itinerario de pasarrúas a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas na Praza do Campo Castelo.

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiros Galegos xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.

É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 8 Outubro, 2014, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: