Aires da Terra

Dous músicos de Barbanza contribúen a resucitar o primeiro coro que tivo Galicia

César Tarela e Paulo Chouza participan no proxecto liderado por Suso Vaamonde.

20 de xaneiro de 2015
No ano 1883, o boticario e gaiteiro de Pontevedra Perfecto Feijooo reunía oito músicos cun nexo en común, o seu amor cara a música tradicional. Aquel momento quedaba inmortalizado cunha fotografía. Iniciaba así a súa andaina Aires da Terra, o primeiro coro que tivo Galicia, o pai das agrupacións decanas da comunidade. A chama que esta formación prendeu no eido da cultura galega apagábase a finais de 1914. O seu promotor, a través dunha carta datada o 15 de decembro daquel ano, anunciaba a súa disolución.

dfghjUn século despois, aquel coro pioneiro resucitou da man de Suso Vaamande e dun grupo de persoas que, ao igual que aquelas que Perfecto Feijoo reuniu no seu día, comparten a paixón pola música tradicional. Trátase de Xosé Lois Romero, José Manuel Acha, Xan Herrera, José Luís Garaboa, Xoán Porto e dous vecinos de Barbanza, concretamente de Boiro, Paulo Chouza e César Tarela.

Estes oitos músicos danlle forma a Aires da Terra. O legado de Feijoo, un proxecto que cun obxectivo eminentemente romántico busca traer á actualidade un repertorio histórico que sentou as bases da música tradicional galega. Co fin de respectar aqueles vellos sons, emprégase unha réplica exacta da gaita de Feijoo, o que obrigou a Vaamonde a ensaiar ao longo de máis dun ano.

No espectáculo, que xa iniciou o seu percorrido polo territorio galego, interprétanse dez temas, entre os que se intercalan comentarios escritos do puño e a letra de Feijoo a xeito de documentación e co fin de amosar, desde o punto de vista didáctico, a concepción que tiña o seu creador do que debía ser un coro tradicional na Galicia de comezos do século pasado.

Segunda parada

Este resucitado Aires da Terra foi estreado o pasado mes de decembro no Museo de Pontevedra, edificio que custodia a gaita, a zanfona e outros instrumentos de Feijoo; pero fará a segunda parada este mesmo fin de semana en Santiago, na igrexa da universidade (sábado, 20.30 horas). Seguirá despois o seu particular percorrido por Ferrol, A Coruña, Ourense e Lugo, berces todos eles dos coros decanos de Galicia, dos descendentes directos daquela agrupación pioneira.

Nin que dicir ten que, aos dous boirenses que participan neste interesante proxecto lles gustaría actuar na casa: «Para nós é unha honra formar parte deste Aires da Terra, porque está impulsado pola elite da música tradicional galega. Que dúbida cabe que, presentar o espectáculo na comarca sería para nós moi emocionante», explicou César Tarela.

E pode que, nun futuro próximo, este desexo se vexa realizado, pois hai xa contactos para que Suso Vaamonde e os seus colaboradores ofrezan un concerto na zona. Pero para iso, é preciso atopar o escenario axeitado, unha sala pequena e coa acústica axeitada, que permita tocar e cantar sen ten que recorrer a medios técnicos modernos, tal e como os membros do auténtico Aires da Terra o fixeron ao longo das dúas décadas que estiveron espallando a música tradicional.

Fonte: La Voz de Galicia

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 22 Xaneiro, 2015, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: