Monthly Archives: Xaneiro 2016

Fotos da 81 Foliada d´As Pontes

This slideshow requires JavaScript.

82 Foliada do Lar (As Pontes)

A falta de dous meses para cumprir o noso 10º aniversario , dende Marzo do 2006 ata hoxe con Foliadas mensuales de Setembro a Maio. Os comezos non parecían doados, pero grazas a tod@s vos: O Lar, músic@s, bailador@s e público en xeral, puñestedelo tan fácil que seguiremos facendo de estas xuntanzas, unha homenaxe mensual á nosa música tradicional que tamén grazas a vos está a facerse con un sitio no lugar que a tod@s nos gustaría e que é donde realmente lle corresponde.

Este mes o Grupo No Cómbaro faremos de anfitrións e contaremos con invitados de luxo:

Raúl Galego (O Gaiteiro Nubeiro) acompañado por Os Cantares dos Pendellos de A Golada e dende o Ortegal veñen Os Carecos uns rapaces cantareiros que seguro poñerán a bailar os asistentes a esta 82 Foliada.

81 Foliada do Lar

 

II Xornadas formativas de Música Tradicional

12494805_209464579396067_7181169083156914627_n12400691_208478722827986_6867197382489332320_n

Velaí o tedes!!!, as inscrición podedelas facer en vairanhalameu@gmail.com.
Non esquezades que sobre as 19:30 Efraim Díaz presentará o CD ” O Pito Galego” e sobre as 21:30 h. Repichocón!!!

Dispoñemos da posibilidade de quedarse a comer para tó dalas persoas que o desexedes prezo 10 €.

Actuación No Festival Solidario da Escola de Gaitas de Ortigueira

Onte sen duda foi un gran día para nós, tivemos a honra de ser invitados a participar no Festival solidario que organiza a Escola de Gaitas de Ortigueira e tocar no Teatro de Beneficencia, (1850) aforo a rebosar demostrando así a solidariedade coa causa @s veciñ@s da Vila.
Orgullosos de haber compartido esceario con Troula do Ortegal e os anfitrións a Escola de Gaitas, graciñas a tod@s e en especial ao seu director; Rodrigo Lopez Gomez.

IMG-20160102-WA0000

%d bloggers like this: