Monthly Archives: Novembro 2016

Fotos da 88 Foliada do Lar

This slideshow requires JavaScript.

88 Foliada do Lar (As Pontes)

Atención “FOLIADEIR@S” Moitas novidades van acontecer na 88 Foliada do Lar.

22:30.- Actuación do grupo infantil de música folc QUENINDIOLE. Composto por nenos e nenas de mui curta idade e formados na comarca de ferrolterra. O grupo está acadando un grande éxito alí por onde pasan, deixando éstes mostras evidentes da súa calidade tal como o fixeron no recente concerto do XXXVII Festival Irmandiño de Moeche.

Gran concurso internacional de ATURUXOS. Elixiremos a/o millor aturuxador/a entre os  participantes con agasallos para os mais valorados polo público.

23:30.- Obradoiro de Baile iniciación/perfecionamento impartido por Uxío de Repichoca Ferrol. Uxío con experiencia dabondo en estes menesteres, ensinará ao son da música aos participantes a desenrolase con solvencia en una Foliada, para elo tratará os ritmos da muiñeira, xota e mesmo o agarrado. Non é necesario anotarse con antelación.

00:30.- O grupo anfitrión e organizador , seremos os responsables de pechar a ronda de actuacións programadas para deixar paso á Repichoca, celebrando deste xeito outro Outono  cargado de magostos con castañas, viño e cheiño de Música Tradicional.

Nota: Habemos tratar de ser rigurosamente puntuales no horario establecido de comezo.

88-foliada

 

 

Magostoliada na Garita (As Somozas)

magosto

%d bloggers like this: