Monthly Archives: Decembro 2016

89 Foliada do Lar

cartaz-89-foliada

Advertisements

Xornadas de percusión Tradicional

Atención!! as xornadas son de balde, prazas limitadas.

Como colofón final a este ano, para rematalo tocando e bailando, a Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s organiza para os vindeiros días 17 e 18 de decembro de 2016, as Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar no Local Social Lar (Poblado As Veigas – Concello As Pontes – A Coruña)

unnamed

Estas xornadas contan co patrocinio da Deputación da Coruña, e coa colaboración do grupo de empresa Endesa (As Pontes )

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán de protagonistas,ao tambor e ao bombo na xornada do sábado, e á percusión de man na xornada do domingo.

Contaremos con obradoiros prácticos da man de expertos no mundo da percusión como Francisco Estevez “Chuco”, Marcos Saburido “Kinhos”, Gustavo Couto, Xose Lois Romero, Denise Silva e Felisa Segade.

Tamén contaremos con concertos ao remate de cada día.

PROGRAMA:

Sabado 17 de decembro

10.20 horas – Entrega de documentación e apertura.

10.30 horas – Obradoiro de bombo con pratos – Gustavo Couto.

13.30 horas – Descanso Xantar

15.30 horas – Obradoiro de regraxe da percusión – Marcos Saburido “Kinhos”.

17.30 horas – Obradoiro de técnica de tambor e bombo – Francisco Estévez “Chuco”.

20.30 horas – Concerto

Domingo 18 de decembro

10.30 horas – Obradoiro multipercusións – Xose Lois Romero.

13.30 horas- Descanso Xantar

15.30 horas- Obradoiro de toques de pandeireta na zona dos Ancares – Denise Silva

17.30 horas- Obradoiro de pandeira – Felisa Segade.

20.30 horas – Concerto Bouba pandereteiras.

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto, e se a inscrición é para o sábado, para o domingo ou para os dous días.

Estas xornadas son de balde e @s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.

As prazas son limitadas por orde de inscrición, Animádevos a participar!!!

%d bloggers like this: