Category Archives: Santa Palleta

Foliada anual

Fotos de Santa Palleta 2016

This slideshow requires JavaScript.

4ª Foliada Santa Palleta

Cartaz 2016

3ª Santa Palleta (As Pontes)

11222018_870386176343059_7922804456167899695_nE chegamos á 3ª edición da Foliada da Santa Palleta, organizada polo colectivo de grupos de música tradicional de As Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa Endesa e o Concello de As Pontes. Como ven sendo habitual, a celebración da Santa Palleta celebrarase no recinto exterior do Lar, en As Pontes. Todos os grupos interesados en participar poden facelo inscribíndose mandando un email a santapalleta@gmail.com indicando o nome do grupo e datos de contacto.

Programa:

18:00 Ruta barítima polas rúas de As Pontes acompañando á Santa Palleta.

A partir das 20:00 haberá a disposición dos interesados una pulpeira con precios anticrise.

20:00 Obradoiro de Baile Tradicional impartido por Gamelas Anduriñas, de Ortigueira. Inscripción gratuita enviando un email a santapalleta@gmail.com

21:30 Inicio foliada de Foliada da Santa Palleta

23:30 Procesión da Santa Palleta

00:00 Pregón a cargo de Alfonso Tellado (Alfonso Alfonso)

00:15 Presentación do himno oficial, o Alalá da Santa Palleta composto por o gaiteiro Richar

Despois das actuacións dos grupos previamente apuntados, haberá Foliada libre.

Zona reservada para acampada e lugar da foliada cuberta con carpa.

Sorteo de palletas durante a foliada.

ORDE DE GRUPOS SANTA PALLETA 2015

22:00 Canavella
22:20 Gorentar
22:40 Semente Nova
23:00 Cantareiras da Tallería
23:20 María
———–
00:20 Pandereteiras IAR
00:40 Os Trevillas Pipe Band
01:00 Zoadeira
01:20 Os Choupanas
01:40 Axóuxere
02:00 Os Feroces
02:20 Os Carecos
02:40 De Xirité
03:00 Garabato dos Trasnos
03:20 No Cómbaro
03:40 Os Mudos do Pasadelo
04:00 Os Suplentes

Fotos Santa Palleta 2014

This slideshow requires JavaScript.

2ª Foliada Santa Palleta

 

 

Cartel Santa Palleta (1)

Read the rest of this entry

Curso de construcción de Palletas

10308251_676755675706111_6329781285215202982_n

Zona de foliada e zona de acampada para Santa Palleta

This slideshow requires JavaScript.

Foliada “Santa Palleta” As Pontes

Santa palleta

O colectivo de grupos tradicionais de As Pontes estamos a organizar unha Gran Foliada para o 15 de Xuño e para elo contamos con vos: Cantareir@s, Bailador@s, Gaiteir@s, Pandereteir@s, etc. etc. etc.
Estimad@ amig@:

Poñémonos en contacto contigo para presentarche e invitarche á que decidimos denominar  foliada de SANTA PALLETA coa que os grupos de música tradicional de As Pontes queremos poñer un peche de ouro a esta tempada de foliadas, que iniciamos en setembro do 2012 e finalizaremos este mes de maio (e xa van 7 tempadas!!). A idea, como no podía ser doutro xeito, é tentar perpetuar no tempo a SANTA PALLETA ó final de cada tempada de foliadas.
¿CANDO E ONDE?
SANTA PALLETA celebrarase o SÁBADO 15 DE XUÑO no recinto exterior da cafetería LAR, onde, confiando nunha climatoloxía favorable, instalaremos todo o preciso para disfrutar da música do país:
–  Unha tarima para que os grupos podan actuar cómodamente.
– Equipo de son e microfonía básico.
– Barra de bar exterior.
– Pulpeira.
– E ademáis… sorteos de kits de palletas do mestre palleteiro pontés Jaime Pena.
A tarima para as actuacións e torreiro para o baile ubicarase nunha ampla zoa de céspede, moi cómoda e práctica para facer a festa.
En caso de que chova, SANTA PALLETA trasladarase ó interior da cafetería LAR, ó mesmo lugar onde se fan habitualmente as foliadas.
¿COMO PARTICIPAR?
O formato de SANTA PALLETA será o de facer actuacións dende as 21:00, cunha duración aproximada de 15 minutos cada unha delas. Non haberá límite de grupos, e faranse as voltas que sexan precisas ás intervencións dos grupos.
Calquer colectivo interesado en participar deberá de mandar un correo a santapalleta@gmail.com  pedindo a súa inclusión no programa da foliada, e facilitando o nome e o teléfono dunha persoa de contacto. Posteriormente a organización poñerase novamente en contacto con cada grupo indicarlle a súa hora de actuación.
Para os grupos que veñan de fora de As Pontes e queiran aproveitar toda a noite de SANTA PALLETA dispoñeremos dunha zoa de acampada e duchas nas inmediacións da cafetería LAR, no campo de tiro con arco.
Con todo esto, festeiros e festeiras, bailadores e bailadoras, non tedes excusa. Agardamos por vos, así que ide mandando dende xa as vosas inscripcións e de paso preparando zapato cómodo para unha noite que se antolla moi longa. Vémonos o 15 de Xuño na SANTA PALLETA en As Pontes.
… Ah! e se aínda vos queda algunha dúbida, podédenola consultar no correo da foliada que vos indicamos máis arriba: santapalleta@gmail.com
Saúde e festa!
%d bloggers like this: