Monthly Archives: Marzo 2008

Cartel Foliada Marzo-08

Este mes tócanos a nos en compañía dos colegas de A Capela

Advertisements

Participa na Foliada

.
As Foliadas na cafetería Lar en As Pontes celébranse tódolos últimos venres de cada mes (de Setembro a Maio) dende o seu comezo en Marzo do 2006.
A organización corre a cargo dos grupos de Música Tradicional de As Pontes, os cales solicitan a vosa colaboración para que participedes coa vosa agrupación. 
Cada Grupo Local, xa  ten asignada unha data que será do seguinte xeito: 

Orden de organización para a tempada 2015-2016

SETEMBRO…….. CANAVELLA 

OUTUBRO………..OS SUPLENTES 

NOVEMBRO……..OS TREVILLAS 

DECEMBRO…….ALFAIA 

XANEIRO…………NO CÓMBARO 

FEBREIRO……….OS FEROCES DA GALGUEIRA

MARZO……………AXÓUXERE 

ABRIL………………ALENDE

MAIO……………….ESCOLA MUNICIPAL

A súa continuidade non sería posible sen a colaboura dos grupos que altruistamente participan.

 Os interesados deberán solicitalo, para que nós poidamos ir confecionando o calendario da tempada, mantendo no posible a orde de inscripción.

Dende os comezos mantemos a súa estructura, consistente en dúas actuacións programadas de mais ou menos unha hora cada unha, despois a participación e libre formándose unha repichoca ata ben entradiña a noite.

O Grupo de Empresa Endesa, mais a Cafetería Lar, seguen a colaborar con todos nos para a celebración das
Foliadas.

 Quen queira participar, non dude en contactar con nos. Para a xente de fora das Pontes sempre buscaremos un sitio.
.
¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
.
Contacto: nocombaro@hotmail.com    Tlfno. 654165194
.

Pincha aquí para ver a situación do local das Foliadas

.
%d bloggers like this: