Monthly Archives: Marzo 2016

XXI Xantar Gaiteiro – Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) quere convidarte ao XXI Xantar Gaiteiro. Terá lugar en Ordes, o Domingo, 3 de Abril.

Programa do día:

11:45 horas. Homenaxe a Manuel Viqueira Vieites na Casa da Cultura de Ordes (Rúa General Mola, 25).

13:00 horas. Roteiro polos bares.

14:30 horas. Xantar Gaiteiro no Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda).

Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vos@s amig@s a pasar un xantar cheo de música, baile e moita festa!!!

(Para ler a nova completa clic no título)

Non pode faltar ninguén!! Ademais convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos para compartir a vosa música antes e despois do xantar.

Para asistir ao XXI Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 29 de Marzo indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán.

DATA XANTAR: 3 Abril 2016 – 14.30 horas

LUGAR : Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda)

MENÚ : Lacón con grelos, cocido, filloas, pan, viño, refrescos e chupito

PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

Agardamos a túa participación!!!!!
INFORMACIÓN E RESERVAS:
M: secretaria@gaiteirosgalegos.gal Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
T: 986 847 074 – 982 229 966

xantargaiteiro2016_web

83 Foliada do Lar (As Pontes)

Chegamos a 83 Foliada do Lar celebrando o noso 10º aniversario dende o seu comezo en Abril do 2006, 1ª Foliada de tan longa serie na que se había conseguido xuntar ao mítico cuarteto de gaiteiros “Os Ponteses” con Celso, Celsito, o Portugués e Freixo, os cales xa levaban moitos anos desaparecidos como tales. Dende aquela levan pasado polo Lar mais de 120 grupos diferentes e moitos deles repetindo cada ano. Esto non houbera sido posible sin a vosa colaboración e participación.

Este mes facemos una excepción pois non poderá ser o derradeiro venres de mes como sempre por coincidir coa semán santa, pois e costume do local (O Lar) pechar en dita data, motivo polo cal será o venres día 1 de Abril a mesma hora. As nosas mais sinceiras disculpas por este cambio obrigado e alleao á organización.

83 Foliada

 

V Festa da Gaita (Arzúa)

10334436_906152349498164_604376302515027822_n

II Foliada Semán Santa (Cariño)

12779204_893721120749026_324777873655478631_o

O Serán do Sor

12002423_1131425883564661_3201649629165231934_o