Monthly Archives: Novembro 2008

FOLIADA NOVEMBRO 2008

 
O venres, 28 temos Foliada.
 
Para esta ocasión os encargados de amenizar a festa serán dous grupos ponteses: No Cotío, nome de un novo grupo que se forma para participar e colaborar este día coa organización da Foliada, despois serán Os Trevillas grupo xa dabondo consagrado e ben coñecido nos ambentes tradicionaies de toda a bisbarra.
 
 

 

Tlfo: 654165194

 

6ª NOITES DE TASCA

 

Os Viqueiras de Ordes organizan as 6ª Noites de Tasca

 

 
 
 

MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL

 
A AGG SÚMASE Á MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL CULTURAL DE OURENSE, DO 8 AO 11 DE NOVEMBRO

Asociación de Gaiteiros Galegos e o Proxecto Ronsel (das tres Universidades galegas) organizan a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego na Alameda de Abaixo de Ourense, entre os días 8 e 11 de novembro. A iniciativa procurará pór en valor o patrimonio cultural inmaterial, como xa se fixera o ano pasado en Pontevedra, a través de exposicións, debates, música, degustación de produtos e producións audiovisuais.

Dentro do programa, a AGG celebrará un Festival de Música Tradicional, nas noites do sábado 8 e luns 10, coa participación de grupos galegos e portugueses. A música será unha constante no evento, tamén en horas diúrnas.

As catro xornadas da mostra van acoller obradoiros de xogos e xoguetes tradicionais, olería, forxa, luthería, torno, construción de instrumentos vexetais e construción en barro. Cada día estará dedicado a unha estación, co obxectivo de facer un percorrido polo ciclo do ano a través da exhibición de actividades tradicionais. O programa de exposicións é moi variado. Poderán verse desde traxes tradicionais de faena e de Entroido ata xoguetes tradicionais, pasando por material de oficios, produtos ecolóxicos e razas de gando autóctono.

FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

SÁBADO 8 DE NOVEMBRO, de 20:30 a 00:30 h

Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
Ludovaina (cuarteto tradicional do Morrazo,
Pontevedra).
Tanxedoras do Pandeiro (Vigo, Pontevedra).
Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense).
A Requinta de Xián (comarca da Ulla, Boqueixón, A Coruña).

LUNS 10 DE NOVEMBRO, de 20:30 a 00:30 h

Henrique Carregal (Gaiteiro de Melide, A Coruña).
Juanjo Fernández (Gaiteiro de Lugo).
Tres Estralos (romances e cantos) (Redondela, Pontevedra).
Pai da Cana (murga) (Poio, Pontevedra).
Tanto nos ten (quinteto) (Redondela, Pontevedra).

 
 
Para ver o programa completo da mostra preme no seguinte enlace: