Monthly Archives: Outubro 2008

FOLIADA DE OUTUBRO

 
Comeza a 3ª tempada de FOLIADAS no Lar.
 
Como de costume serán os derradeiros venres de cada mes agas o de Decembro que non se fará.
 
En esta ocasión debutaremos co gaiteiro local de noventa anos de idade, FREIXO.
 
Para a segunda parte contamos con unhos rapazes, tamén da Vila, que formaron recentemente un grupo moi interesante (jintony´s son) que fai música "blues", tamén nos prepararán algún tema tradicional.
 
Como sempre rematarase cunha repichoca popular onde poderá participar quen o desexe.
 
Dende a organización recordamos que a participación nas FOLIADAS está aberto a todos os grupos que o soliciten, preferentemente tradicionaies, tanto locales como de fora.
 
Contacto:
 
Tlfo: 654165194
 
 

 

 

 

FOLIADA EN SADA

 
 

I FOLIADA DE SADA


O vindeiro sábado 1 de novembro, ás 20:00 h, na Praza Irmáns Suárez Picallo, de Sada (A Coruña), terá lugar a I Foliada da Asociación de música e danza tradicional Queiroa, e coincidindo con ela, o Magosto municipal, no que colaboran as asociacións de Sada.

Podedes participar tocando e/ou cantando no escenario, ou ben bailando ao pé del. Sempre música tradicional. Se non queredes actuar, podedes asistir e simplemente desfrutar das actuacións.
Se desexades actuar, confirmádeo canto antes no teléfono: 617 94 08 33 ou no correo electrónico:

tercermolino@hotmail.com.

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

Cando saiban o número de participantes, informaránvos do tempo do que dispoñedes no escenario e da orde de actuación. Tralas actuacións previstas, a intervención será libre.

Haberá bochinche con castañas, bolos preñados, viño, etc. e a media noite, queimada.
http://www.frouma.com/index.php

FOLIADA NA CORUÑA

 
O venres 24 de Outubro no Campo da Leña-Praza de España organizada por Cantigas da Terra a partires das 21:00 en A Coruña