Monthly Archives: Xullo 2009

XIII Lugnasad


LUGNASAD 2009

BRETOÑA

Venres 7 de Agosto de 2.009


XIII Festa do Lugnasad de 2.009

Un ano
máis, nesta XIII edición da FESTA CELTA DO LUGNASAD, as mozas e mozos
da ASOCIACIÓN XUVENIL AURUXEIRA, con axuda dalgunha Institución,
empresas e colaboración de particulares, farán posible "viaxar" no
tempo 2.500 anos atrás á máxica cultura dos nosos devanceiros Celtas
Galaicos, e celebrar unha das principais festividades desta cultura: O Lugnasad.

O Lugnasad
é a festa do deus Lugh, a celebración do vrau céltigo. Nela había
importantes relacións sociais e comerciais; duraban máis de quince días
e facíanse trasacións e competicións de cabalos (os curros e a rapa das
bestas), así como comer e beber en abundancia. Un aspecto singular
desta festa era o carácter matrimonial da mesma. No Lugnasad os mozos e
mozas escollían a súa parexa para pasar o inverno xuntos. Confirmaban o
matrimonio dándose a man a través dun penedo furado e prevalecía ata o
ano seguinte no que tíñan que renovar o ritual, excepto que acordasen
deixalo, decisión que xa podían tomar na festa do Beltaine (primavera).

Con
esta festa do Lugnasad, a Asociación Xuvenil Auruxeira tentamos de
mostrar dun xeito lúdico-didáctico unha idea xeral dunha cultura e
dunha época que marcou a esencia e as bases que máis caracterizan e
diferencian a cultura galega.
Pra todo esto, cada ano poñemos máis
empeño en reproducir o máis fidedignamente cada aspecto desta cultura:
o ambiente (as pallozas, a vestimenta, as xoias, as armas … ), os
ritos, costumes, xogos, etc.

Dende a Asociación Auruxeira
de Bretoña queremos agradecer a todas aquelas persoas, empresas,
negocios e Institucións públicas que fan posible esta XIII Festa Celta
do Lugnasad, tamén á Compañía Teatral Mundo Piruleta e moi
especialmente ás veciñas e veciños que tódolos anos elaboran de xeito
altruista os céltigos prebes que podedes degustar na Festa Celta.

OS TRES TREBÓNS
3
Trebóns é un grupo de intervención rápida composto por 3+1 integrantes
da banda levan moitos quilómetros de palco e canfurnada: Xurxo Souto co
acordeón diatónico e a voz argallou a idea e xunto co batería e
cantante Fran Amil e o baixista e tamén berrón Antón Díaz. Estes
elementos cadraron na ruta co bombardinista Lourenzo Castro, a forza
que completa o son do grupo. Estes elementos alternan repichocas e
acordes coas históricas que nos conta/canta Xurxo.

GANDALF
O
grupo Gandalf nace en Astorga no ano 2000, nun principio xurde dun
proxecto informal para tocar polos bares e os pubs da cidade. Sen
embargo, posteriormente empezaron a ensaiar da maneira constante posto
que todo-los membros buscaban a calidade unido á diversión que era o
que transmitían ó público que os escoitaba.

TARANUS
Este
grupo é un proxecto que xurde no ano 1994 co obxeto de dar outro aire á
música tradicional asturiana incorporando un toque rockeiro e novo.
Taranus presenta un repertorio variado no que os temas mezclan aires
asturianos con outras músicas tradicionais do resto de España e Europa
envolto de un ambente rockeiro e cañeiro.

FESTA DA FRAGA

 
FESTA DA FRAGA 2009
 
VENRES 24 DE XULLO NAS PONTES
 
 

 
 
SABADO 25
 
 

XXX FESTIVAL DE PARDIÑAS

 
 
XXX FESTIVAL DE PARDIÑAS
 
 
1 E 2 DE AGOSTO
 
 
 
XVI EDICIÓN DA MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS DE PARDIÑAS
 

Os días 1 e 2 de Agosto celebraranse en Pardiñas (Guitiriz) o Festival de Pardiñas e a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, que este ano cumpre a súa XVI edición. Un ano máis a Mostra, guiada pola comisións de artesáns da AGG, contará coa presenza de 20 artesáns, ademais de actuacións e obradoiros que mostrar a nosa forte aposta pola música e o baile tradicional.

O programa desta nova edición conta cun pregoeiro de excepción: Miro Casabella, compositor e cantautor destacado da chamada nova canción galega, que formou parte do colectivo Voces Ceibes, para logo continuar a súa carreira artística en solitario.

O sábado 1 de agosto contarase cun dos grupos revelación da música tradicional galega, Tanto Nos Ten, que actuará no escenario do espazo da Mostra. Previamente, os asistentes terán ocasión de participar no Obradoiro de Reguei-fas a cargo de Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira.

Durante a xornada do domingo 2 de agosto haberá actividades dende a mañá, co son dos bombos do Obradoiro de Treboada, conducido por Oli Xiráldez, e co Obradoiro de Baile Tradicional, dirixido por  Pablo Díaz. Pola tarde, a música chegará a través dos Tres Estralos (formación de cordas  guitarra, zanfona e arpa acompañada por voces e percusión tradicional) que ofrecerán versións do repertorio popular galego.

As actividades previstas para enriquecer a exposición están enfocadas para que sexan totalmente participativas, polo que haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar e aqueles artesáns que desexen falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.

Ademais de ser a primeira mostra organizada en todo o Estado, a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, é a que máis anos leva facéndose ininterrompidamente, chegando a ser hoxe en día referencia de luthiers e músicos tradicionais, non so de Galicia, senón de toda a Península, pois tamén ten grande repercusión en Portugal.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
SABADO 1

MUYAYOS DE RAÏZ HOLANDA/EUSKADI
 LA BELLE IMAGE FANFARE FRANCIA
HEDNINGARNA SUECIA
BANDA POTEMKIN GALIZA

DOMINGO 2

BLOQUINHO DA SALGUEIRA GALIZA
LÚA DE FOUCE GALIZA
PEPE VAAMONDE GRUPO GALIZA
PAN DE CAPAZO nomadas

 
 

FREIXO NO ALALÁ DA TVG

 
 
Freixo entrevistado por Pili para o Alalá en Ordes.
 
 
 
O gaiteiro Pontes Freixo, será protagonista no programa da TVG, Alalá.
 
O programa será gravado nas Pontes os días: 28, 29, e 30 de Setembro mais o  1 de Outubro.

PRESENTACIÓN DE GAIFONIA

 
 
 
 
O domingo 19 de Xullo, ás 20:00 horas do serán, no transcurso do XIV Certame de Bandas de Música no auditorio municipal Cine Alovi de As Pontes, será presentado o libro GAIFONÍA.

Trátase de dúas obras musicais para gaita galega e banda: suite PARA OS DA NOSA TERRA e marcha procesional Á NOSA SEÑORA VIRXE DO CARME, ámbalas compostas polo Mestre Gaiteiro Xoán Carlos Rilo e harmonizadas e orquestradas para Banda polo director Joan Bautista Bernat.

GAIFONÍA foi editado pola Excma. Deputación de A Coruña en colaboración co Concello de As Pontes.

Con esta publicación, os autores pretenden principalmente dous obxectivos:

 

 1.- Facilitar a calquera alumno que estude nos Conservatorios de Galicia o acceso a este tipo de obras que lle permitirá familiarizarse coa nosa música.

2.- Paliar o déficit que seguimos tendo de obras para gaita e banda, co firme propósito de que o noso instrumento mais representativo adquira e manteña o lugar que lle corresponde.

XVI FESTIVAL DO RIO CASTRO

 
 
 

 

 
 
 
 
 
 
 Arranca unha nova edición do Festival do Río Castro, un clásico do verán que xa vai pola 16ª edición. SÁBADO, 4 DE XULLO. Apuntade este día na vosa axenda. Agardamos por vós, como sempre, no lugar da Bóla.

12.00 Concurso de merendas.
15.30 Xogos infantís co grupo Sapo Animación de Ferrol
17.00 Peter Punk , pertecente a Coperactiva Cultural mostrando un dos mellores espectáculos do clown galego, premiado como mellor espectáculo polo público do Festival Mundoclown 08. Tratase dun show para todos os públicos, con moi bo nivel de malabares e xogos e cunha divertida participación do público.
Capionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado con tronzador, chave, etc.

22.00 Música Tradicional co grupo BERROS DO CASTRO de Narahio.
23.00 Pesdelán , de Santiago.
00.00 Os Tres Trebóns , de Coruña
02.00 Ultraqans , d’A Coruña.