Monthly Archives: Abril 2013

No Cómbaro – O Verdegaio

No Cómbaro con Andrea no Bar de Fredi en Espasante

No Cómbaro – Caraveliños

Primeira actuación con público de Andrea no Bar de Fredi (Espasante)

Fotos da 57 Foliada das Pontes

Dende o Grupo No Cómbaro queremos dar o noso mais extenso agradecemento a tod@s @s asistentes a 57 Foliada e en especial ás bailadoras e bailadores que foron os que conseguiron coa súa presencia que fora a mais bailada tal como pretendiamos dende a organización, de feito o local para o baile en esta ocasión quedouse un tanto pequeno.

Graciñas a xente de:

  • Faragullas (Teixeiro)
  • Grupo de Baile de adultos do Padroado de Cultura (Narón)
  • Troula do Ortegal (Ortigueira)
  • Airiños dos Carrís (Cerdido)
  • Repichoca Ferrol (Ferrol)
  • Buxainas (Cedeira)
  • Xente Nova (Ferrol)
  • Airiños da Capela (A Capela)
  • San Xiao do Trebo (Cariño)
  • Gamelas e Anduriñas (Espasante)

Perdoade se esquezemos a alguén!!

Foliada: Reunión de xente pola noitiña para cantar, tocar e bailar.

O pase de diapositivas require JavaScript.

O que non canta nin baila,
a que vai á foliada?
Aprendere catro mentiras,
para contar pola semana.

Mercado 1900 (A Barqueira)

Pasarrúas co grupo No Cómbaro

Festival Folk con:

No Cómbaro

Airiños dos Carrís

Alén de Ancos

536244_161461600683841_400764443_n

42 Noites de Tasca (Cerceda)

42 Noite de Tasca-Cerceda

II Curso de construcións de palletas polo pontés Jaime Pena

cartaz%20curso%20de%20construcion%20de%20palletas%20e%20pallonsO artesán Xaime Pena será o encargado de guiar o curso que terá lugar nos locais da Tradescola, no Centro LUG II (Lugo) o vindeiro sábado 4 de maio do 2013.

Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da  música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc.

Xaime Pena iniciou a súa historia como palleteiro alá polos anos 80.  Foi  nesas datas cando empezaron os seus primeiros contactos co mundo das palletas, da man do seu pai, José Adolfo Pena, a quen lle axudaba na preparación dos materiais necesarios para a súa construcción: cañas, tubos, aneis e o preatado das mesmas. Entorno ao año 2000 retomou a construción de palletas, esta vez xa en solitario.

O horario do curso, que terá lugar na Tradescola-  Centro LUG II ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo), será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Prezo: 20€ (para alumnos da Tradescola / Socios da AGG) e 25€ para público en xeral.

As prazas son limitadas.

Máis información e inscricións:

·         Tradescola ( horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas)

·         Teléfono 982229966

Asociación Galega de Gaiteiros

I Serán da Lamprea (Arbo)

31925_4702362202393_768741427_n

Fotos da Foliada no Bar de Fredi (Espasante)

No Cómbaro no Bar de Fredi (Espasante)

Cartaz Fredi copia

Festa da Pandeireta (Encrobas)

395748_565411553480327_506428169_n