Monthly Archives: Abril 2009

FOLIADA NAS PONTES

 
O venres, 24 de Abril temos foliada no Lar. Para esta data contamos coa participación da Banda de Ladrido (Ortigueira) Brisas da Croa. Xa estiveron con nos o ano pasado demostrando o seo aire festeiro, conseguindo de este xeito transmitirlle a xente alí presente a sua forza.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

VI REPICHOCA DAS PONTES

 
VI REPICHOCA
 
 
Domingo, 26 de Abril
 
 
Un ano mais vense a celebrar a xa consagrada REPICHOCA pontesa, imos xa po la VI edición. Dende fai uns anos e aproveitando a ocasión, os gaiteiros de As Pontes decidimos rendirlle unha pequena homenaxe a unha serie de xente que consideramos dedicaron gran parte da sua vida a manter e a divulgar a música tradicional da nosa terra.
Este ano o elexido e o "caixeiro" dos Ponteses Da Silva. El foi un dos fundadores no ano 1965 do cuarteto Tradicional Os Ponteses, agrupación que anos mais tarde transformaríase en charanga na cal segue activo a día de hoxe.
 
A programación de dito acontecemento constará dos seguintes actos:
 
– As 13 horas xuntarémonos po los arredores do parque do Campo da Feira para ir tocando ata a Fraga po las distintas rúas da Vila.
 
– As 14 horas xantar no local do pulpo de A Fraga donde se degustará o seguinte menú: Pulpo, churrasco, postre, café e ……(todo preparado por unha pulpeira para a ocasión por 25 € para os adultos e 11 para os nenos menores de 11 anos). Para elo están a venda os tikes correspondentes.
 
– As 16 horas lectura dun escrito adicado o homenaxeado.
 
– E de seguido Repichoca a esgallo, ata que os corpiños aguanten.
 
 
 
 
 
Para quen non coñeza o entorno do parque da Fraga de As Pontes, aí van unhas fotos actuais:
 
Lugar da celebración da VI Repichoca
 
 
A Fraga Nova
 
 
Rio Eume
 
 
Paseo Fluvial
 
 

Paseo Fluvial
 
 
Se chove, estaremos a cuberto
 
 
 A Fraga Vella
 
O video que aparece mais abaixo foi grabado no ano 2004 con motivo da celebración da 1ª Repichoca.

 

 

     

 
Non esquecedes que calqueira se pode apuntar e participar, vide a disfrutar con nos e traede os instrumentos. 
 
Os interesados deberán contactar con:
 – Benito
 – Jaime
 – José Manuel
 
Teléfonos de contacto: 654164018 – 619571961
 
 
Na seguinte ligazon podese ver a Publicación que fixeron en Amigus o día 14 de Abril do 2009.
 
 
 
 
 
 
 

O Cura de Xestoso

 
 
Entrevista no Diario El Progreso a
 Luis Ángel Rodríguez Patiño
 
 
O Cura de Xestoso
 
 

 
 
 
Premendo no seguinte enlace, podes abrir ou descargar a entrevista en documento pdf.
 
 
 
 
  

Romaría do Corpo Santo

 
 

Este ano a asociación de veciños de churio propuxose recuperar a antiga Romeria do Corpo Santo, na actualidade , hai moitos romeiros que veñen as misas neste dia , pero dende a asociación de veciños pretendemos recuperar a tradición para que despois das misas e a procesión poidamos todos disfrutar dun xantar popular.

Confecionaremos coma sempre a nosa alfombra de flores entre todolos veciños.

Comenzaremos pola mañá cediño cos gaiteiros dando unha alborada por todo o pobo , despois acodiremos a igrexa para a procesión tradicional , e logo baixaremos ate a explanada do local social de Churio e bailaremos o son de pasodobles , xotas , rumbas e muiñeiras, todo iso regado con un bó vermuth , logo pasaremos ó xantar que será coma nas antigas romarias … cada un levará as suas viandas e compartiremos todos un bó ambiente.

Despois do xantar e o café quen queira poderá sacar os instrumentos…. e festa.

O longo da tarde haberá moitas sorpresas , xogos populares , e a veiriña da noite contaremos coa gran actuación do Grupo NARANJA que seran os encargados de facernos bailar pola noite.

 

 

 

 

 

 

 

Xornal El Progreso

 
Plubicación no xornal El Progreso. 7 de Abril de 2009
 
 
 
 
Descarga do arquivo en pdf.
 
 
 

Venres de Lareira

 
Venres de Lareira
 
 
Venres, 10 de Abril no bar A Lareira
 
 


 
A partir do vindeiro venres, 10 de Abril, o bar A Lareira ofrécenos o local contiguo ao bar para utilizalo cada segundo venres de cada mes en exclusiva para @s gaiteir@s e simpatizantes. Entre as 21 e as 24 horas a xente que se achegue poderá, de un xeito mais ou menos organizado, demostrar as suas cualidades de música, baile, canto, regueifa, etc. etc.
 
Imprescindible traer instrumentos, as gorxas afinadas e os musculos relaxados para intentar botar unha baila.
 
 

V FOLIADA de MELIDE

 
Estimados amigos e amigas:
 
Convidámosvos a participar nas diferentes actividades da V FOLIADA de MELIDE, que se celebrará o 25 e 26 de abril.
Serán dúas xornadas adicadas a nosa cultura, música, artesanía e tradicións, onde por suposto no faltará a festa
 
Achegámosvos un programa da mesma e agardamos que nos axudedes a darlle a máxima difusión. Graciñas

 

 

Para ver a programación da Foliada, pincha no seguinte ligazon.