Monthly Archives: Xaneiro 2011

Freixo en Lume na Palleira

 

Podes escoitar  o programa copia e pega o seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=rgm&hora=16:00&fecha=29/01/2011&arquivo=2&programa=LUME NA PALLEIRA&id_programa=32 &mp3=1 &medio=fl

Vista da Coruña dende os estudios da Radio Galega

 

Emilio Españadero con Freixo

 

Hugo e Aurora acompañando a Freixo

 

Freixo en directo con Emilio Españadero en Lume na Palleira

38 Foliada

Despois do parón de Nadal voltamos coa 38 Foliada onde estará a Escola Municipal de Baile e Música Tradicional das Pontes coas seccions de: Baile, canto, percusión e gaita, pasarán  polo esceario do Lar os mais de 60 membros que forman dita Escola a partir das 22:30 horas.

Presentación Disco de Freixo

 

 

A gravación de este disco foi realizada sen anestesia, en menos de 2 horas, e en directo tal como quixo Freixo no conservatorio de música de As Pontes o 5 de Xuño do 2010

 

Técnico de Son e gravación: Paco Jarel

 

KARAOKE GALEGO

KARAOKE GALEGO

 

Dezaseis cancións festeiras para o primeiro videoxogo do

«Galeoke»

A partir do 21 de decembro estará dispoñible o primeiro karaoke con cancións galegas, de Fuxan os Ventos a Os Resentidos.

 

Hai dous momentos dramáticos en toda festa familiar, cando alguén saca as fotos da última viaxe e cando invitan a cantar no karaoke e só ten cancións de Mecano. Deste Nadal en diante, a cousa pode ser diferente porque a partir do 21 de decembro estará dispoñible o Galeoke , o primeiro karaoke con cancións galegas, de Fuxan os Ventos a Os Resentidos.

A carencia de karaoke foi detectada por un colectivo que nas festas familiares e nas farras de colegas estaba obrigado a cantar as letras de memoria porque a circunstancia de cantar nas festas non se quita. Entón decidiron pór en marcha o proxecto Galeoke e ver de darlle forma e canles de distribución ao videoxogo.

O Galeoke funcionará sobre ordenadores con distintos sistemas operativos (Windows, Mac e Linux) aproveitando un programa moi parecido ao que utiliza Sony en Singstar para a súa consola. O colectivo formado por Martín Vázquez Cabanas, Xabier Seixo Souto, Aitana Cuétara, Xosé Lois Romero e Sergio Lago colleu o software UltraStar Deluxe, unha aplicación libre e adaptouna para o galego. O videoxogo, polo tanto, segue o mesmo sistema de concurso, de maneira que o programa valora a habilidade dos cantores e vaina cualificando a medida que avanza a cancións.

Como particularidade, as cancións que se utilizan son as orixinais dos grupos ou solistas escollidos e non adaptación feitas simplemente para seguir a letra. Apuntan os integrantes do colectivo que isto pode ser polas facilidades dos grupos en permitir o uso da súa música para o proxecto.

Ademais do disco co videoxogo que se venderá a través de plataformas como Toupa.net, nas librerías e nas tendas de discos, o proxecto inclúe unha web (www.galeoke.com) na que os usuarios poderán descargar actualizacións, páxina na que tamén se pode baixar agora mesmo unha demo para comprobar o funcionamento e as características do programa.

Os artífices da adaptación sinalan que, ademais das festas, o Galeoke «pode ter moitos usos para o ensino».

Fonte: La Voz de Galicia